A Casa Charry acollerá a renovación do DNI os días 18 e 19 de novembro

ACoruñaXa
Unha unidade móbil de expedición do DNI do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata Oleiros
A Casa Charry do Concello de Oleiros
15 Nov 2024

O luns 18 e o martes 19 de novembro, unha unidade móbil de expedición do DNI do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata a Casa Charry para facilitar os trámites de renovación do Documento Nacional de Identidade.

O prazo para reservar cita previa xa está habilitado. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 610 001, onde tamén recibirán toda a información necesaria sobre a documentación que deberán presentar.

0.15461301803589