A cantante Soraya cancela a súa actuación no Atlantic Pride da Coruña por motivos de saúde

A organización do Atlantic Pride da Coruña informou da cancelación de última hora da actuación de Soraya, prevista para a noite deste domingo, debido a motivos de saúde.
Desde o festival trasladáronlle os seus mellores desexos á artista e expresáronlle o seu apoio, confiando en poder contar con ela nunha próxima edición. “Agardamos poder tela moi pronto de novo con nós e gozar do seu talento sobre o noso escenario”, sinala a organización.
No seu lugar incorporarase ao cartel Leticia Sabater, que actuará nos Xardíns de Méndez Núñez arredor das 22.30 horas.
A programación da última xornada do Atlantic Pride comezará ás 19.30 horas coas actuacións de Coro Cores, Ricky Merino e María Isabel. O peche desta sétima edición correrá a cargo de DJ Flashback, que se porá aos pratos a partir das 23.30 horas.