150 persoas marchan en Culleredo para visibilizar a esclerose múltiple

ACoruñaXa
A iniciativa, promovida pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple coa colaboración do Concello, formou parte da campaña estatal “CaminEMos” para sensibilizar sobre esta enfermidade
marcha-esclerose-culleredo
12 Jul 2026

O paseo marítimo do Burgo acolleu este domingo unha marcha solidaria pola esclerose múltiple que reuniu a 150 persoas nunha xornada na que o deporte, a solidariedade e a sensibilización foron os principais protagonistas.

A actividade foi organizada pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) coa colaboración do Concello de Culleredo e contou coa participación do alcalde, José Ramón Rioboo, e da concelleira de Cohesión Social, Marta Figueroa.

Antes do inicio do percorrido tivo lugar un acto de apertura no que o rexedor destacou o traballo que desenvolve a asociación organizadora e reiterou o compromiso do Goberno municipal para seguir “apoiando o voso labor social e promovendo un maior coñecemento e conciencia entre a sociedade”.

A marcha celebrouse baixo o nome de “CaminEMos”, unha iniciativa integrada na campaña impulsada pola Asociación Española de Esclerose Múltiple xunto coas súas entidades membro para achegar á cidadanía a realidade das persoas que conviven con esta enfermidade.

O Concello de Culleredo mantén unha colaboración continuada con ACEM, entidade que, ademais de contar coa súa sede na Coruña, desenvolve diferentes iniciativas no municipio para ofrecer apoio, atención e actividades dirixidas tanto ás persoas con esclerose múltiple como ás súas familias.

0.14724087715149