Novas de Culleredo
Precintan a pasarela entre O Burgo e O Temple polo risco de desprendementos
O paso peonil de madeira situado á altura do CEIP Portofaro queda fóra de servizo e obriga a desviar o percorrido ata a ponte medieval de O Paraugas mentres se prepara a súa substitución
O servizo de taxi en Alvedro evidencia carencias e abre o debate dun marco obrigatorio
Culleredo considera insuficiente o convenio voluntario co sector da Coruña e avoga por unha solución estable ante o previsible aumento de viaxeiros polo peche temporal de Lavacolla
A sorte deixa en Ledoño o primeiro premio da Lotería Nacional
O número 87.489, agraciado con 30.000 euros por décimo, foi vendido en Culleredo no sorteo do xoves
A incerteza sobre a terminal de mercadorías mantén a preocupación veciñal en Culleredo
Transportes continúa a estudar posibles emprazamentos e adía ata comezos do verán unha conclusión sobre unha infraestrutura que xera inquietude, sobre todo na contorna de Orro
Máis de 762.000 euros para reforzar o persoal cultural dos concellos da provincia
A liña da Deputación chega a 63 entidades locais e reforza os servizos culturais municipais na comarca das Mariñas e no conxunto da provincia
Veciñanza e o Concello de Culleredo aliñan unha estratexia común ante o proxecto da terminal de mercadorías
A reunión serviu para compartir información sobre a proposta estatal, fixar unha canle permanente de contacto coas asociacións de Orro e Lodoño e preparar os vindeiros encontros co Ministerio de Transportes e ADIF
A resposta veciñal envorca Castro Laxe nunha xornada solidaria para axudar a Carmiña
Centos de persoas participaron nun evento impulsado pola Asociación de Veciños de Castro Laxe para recadar fondos para a veciña que perdeu a súa casa nun incendio
Quince anos de deporte e festa no monte marcan a nova Travesía do Xalo
A proba abrirá unha edición especial o sábado 25 de abril en Culleredo, con inscricións xa dispoñibles para a carreira de 21 quilómetros, a volta do percorrido de 10 quilómetros, a andaina e as categorías infantís
A Xunta reúne os alcaldes da área para ordenar os desvíos polo corte das Xubias nas obras do CHUAC
Oleiros pide máis presenza policial e un bus específico aos hospitais, Culleredo reclama derivar tráfico pola Terceira Rolda e A Coruña insiste en que a coordinación debe liderala a administración autonómica
Acea de Ama prepara a súa gran transformación con obras este verán e un investimento de 3 millóns de euros
A nova concesionaria do complexo deportivo de Culleredo, DOS Deporte, executará a reforma por fases tras asumir a xestión durante 20 anos
O PP reclama explicacións polo xiro cara a Orro da futura terminal de mercadorías
Os populares levarán ao pleno de Culleredo unha moción para crear unha comisión municipal de seguimento e pedir alternativas con menor impacto territorial
Matías Ramos conquista en Alicante a Supercopa e sitúa a Culleredo entre a elite cadete do judo
O deportista do Judo Club Culleredo proclamouse campión na súa categoría na Supercopa de España disputada en Alicante e consolídase no terceiro posto do ránking nacional cadete
As estrelas entran nas aulas de Culleredo para achegar o ceo nocturno á infancia
O alumnado de 2º de Primaria de Culleredo participará na actividade 'Estrelas que contan historias', unha proposta do programa EducaCulleredo que levará un planetario portátil aos centros escolares
Alvedro abre un novo pulso político pola perda dos voos a Málaga e Valencia
O BNG da Coruña reclama ao goberno local que negocie novas conexións para o aeroporto e que esixa á Xunta que asuma o financiamento de rutas, como fan outras comunidades autónomas. Volotea confirmou que deixará de operar as ligazóns con Málaga e Valencia a partir de abril tras rematar o convenio municipal
As Mariñas abre a renovación do seu comité de ética para reforzar a intervención social
O Consorcio activa a convocatoria para incorporar novas vogalías ao CEIS, un órgano que asesora sobre os dilemas éticos nos servizos sociais e busca mellorar a atención á veciñanza
O 8M leva a escena en Culleredo o espectáculo 'Mulleres que viven soas'
A compañía Berrobambán presenta este venres 13 de marzo unha proposta que combina humor, teatro clásico e documental escénico para afondar nas vivencias de mulleres que afrontan a soidade
A xornada solidaria por Carmina en Castro Laxe xa ten programa completo
A Asociación de Veciños de Castro Laxe, coa colaboración do Concello de Culleredo, celebrará o 21 de marzo unha cita benéfica na pista municipal con andaina, música, teatro, mercado solidario, comida e sorteos
Eventos
OcioenGalicia
Encuentro de Palilleiras de Burela
OcioenGalicia
Concierto de Izaki Gardenak en Ourense
OcioenGalicia
Festival Molan los 90 en Ourense
Oito menores, sorprendidos tras acceder aos muíños de Acea de Ama para facer pintadas
A Policía Local de Culleredo identificou os mozos no marco da campaña de vixilancia sobre o patrimonio municipal e trasladou as dilixencias á Garda Civil
O CEIS As Mariñas reforza o seu papel como referencia ética nos servizos sociais coa Memoria 2025
O documento recolle un ano de formación, traballo interdisciplinar e presenza en foros estatais, ademais da creación dun grupo de proximidade orientado ao Servizo de Axuda no Fogar
O pavillón Ría do Burgo convértese este sábado nun ring solidario contra o cancro
Culleredo acolle o 7 de marzo a velada 'Mala Fama Fighters XV', con combates de muay thai e kickboxing e apertura de portas ás 18.00 horas
Un incendio nunha vivenda de Cabana mobiliza os servizos de emerxencia en Culleredo
O lume declarouse ás 12.45 horas nunha segunda residencia da parroquia de Veiga e barállase un calefactor como posible orixe
Unha xornada solidaria en Castro-Laxe recadará fondos para axudar a rehabilitar unha vivenda afectada por un incendio
A cita será o día 21 na pista polideportiva e incluirá actuacións en directo e outras iniciativas para apoiar a Carmen Carbón, veciña de Culleredo que perdeu o seu fogar o 26 de febreiro
Morás terá listo o novo parque comarcal de bombeiros para substituír o de Sabón
O Concello de Arteixo recepcionará o edificio o vindeiro día 9, unha infraestrutura de 1.300 metros cadrados e un investimento superior a 1,2 millóns de euros que dará servizo tamén a Cambre, Carral, Culleredo e Oleiros
Gladiadores, o club de béisbol de Culleredo que chegou para gañar
O proxecto naceu en 2024 impulsado por Juan José López Morales, ex xogador profesional, e en só dous anos presume dun palmarés pouco habitual no béisbol galego, con presenza constante en finais e un 2025 no que, segundo o club, ‘gañamos todas as competicións'





