Sucesos
Seis novas multas en Oleiros por deixar cartóns e mobles fóra dos contedores
O Concello sancionará con 600 euros a cada unha das persoas identificadas en Perillo e no Seixo por incumprir as normas de depósito do lixo
Culleredo retira as distincións a catro figuras ligadas ao franquismo e cambiará dúas rúas
O pleno aprobou por unanimidade a anulación dos nomeamentos de fillos adoptivos de Ricardo Catoira e Diego Salas, así como a substitución das vías dedicadas a Sanjurjo de Carricarte e Narciso Pardo
Detido en Acea de Ama tras supostamente subtraer ferramentas do interior de furgóns industriais
A Policía Local de Culleredo arrestou un home de 45 anos despois da chamada dun veciño, que advertiu da súa presenza xunto a un vehículo estacionado de madrugada
Un acto vandálico no parque de Cabildos acabará en denuncia en Betanzos
O Concello emprenderá accións legais tras romperse a pedradas unha pantalla informativa led instalada recentemente no recinto do casco histórico
A sorte deixa en Ledoño o primeiro premio da Lotería Nacional
O número 87.489, agraciado con 30.000 euros por décimo, foi vendido en Culleredo no sorteo do xoves
A presión veciñal medra contra o 'muro' de ADIF na estación de Teixeiro
A Plataforma Veciñal reúne xa 2.051 sinaturas para reclamar unha solución urxente ao peche do paso peonil, unha medida que consideran que parte o núcleo en dous e agrava os problemas de accesibilidade e seguridade
Un incendio simulado pon a proba por primeira vez o plan de emerxencias de Pocomaco
O simulacro, desenvolvido na nave de TECDESOFT coa participación dos bombeiros da Coruña, serviu para testar a resposta coordinada do polígono ante unha incidencia real
A traxectoria de Rafael Vidal recibe a Encomenda da Orde do Mérito Civil
O presidente de honra da Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia foi distinguido por Felipe VI polo seu labor no desenvolvemento e prestixio do protocolo institucional
Un cartel alerta en Bemantes da presenza de falsos traballadores do censo que actuarían porta a porta
O aviso difundido entre a veciñanza advirte de persoas que se farían pasar por empregados do Instituto Nacional de Estatística e Censos para solicitar datos persoais nos domicilios
Un desprendemento obriga a pechar un tramo do sendeiro Costa Doce en Sada
O Concello de Sada clausurou de forma preventiva o paso en Armenteiro, na parroquia de Carnoedo, tras detectarse risco de novos movementos no cantil
A praza da Constitución converterase este sábado nun clamor pola paz e pola causa palestina en Betanzos
O municipio acollerá o 14 de marzo, ás 12.00 horas, unha concentración diante da Casa Consistorial, na Praza da Constitución, dentro da xornada estatal promovida por Parar la Guerra para reclamar o fin da guerra en Oriente Medio e non esquecer Gaza
Miles de persoas toman as rúas de A Coruña no 8M para reclamar unha igualdade real
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sumouse á mobilización xunto a integrantes do Goberno municipal nunha xornada marcada pola defensa dos dereitos das mulleres e o rexeitamento á violencia machista
O BNG carga contra a precariedade das emerxencias en Culleredo tras dous incendios en vivendas
A formación nacionalista sostén que o municipio non dispón dun servizo municipal operativo en condicións e reclama ao goberno local máis persoal e medios despois de dous lumes rexistrados nos últimos días
Oito menores, sorprendidos tras acceder aos muíños de Acea de Ama para facer pintadas
A Policía Local de Culleredo identificou os mozos no marco da campaña de vixilancia sobre o patrimonio municipal e trasladou as dilixencias á Garda Civil
Os bombeiros percorrerán A Coruña este domingo nun desfile especial polo seu patrón
A caravana de vehículos do servizo municipal sairá ás 10.30 horas desde o parque da Grela e atravesará numerosos barrios da cidade
O Circo de Artesáns lembra a Antón Vilar Ponte no 90 aniversario do seu pasamento
A homenaxe, celebrada na Coruña e promovida pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e Cántigas da Terra, contou coa presenza do concelleiro Gonzalo Castro e incluíu música tradicional e lectura de textos
O calendario municipal de Paderne terá nova tiraxe tras detectarse erros na edición repartida polo Nadal
O Concello asegura que xa localizou e corrixiu varios fallos tipográficos e que volverá distribuír o almanaque nas vindeiras semanas sen custo para a veciñanza
Eventos
OcioenGalicia
RESIS Festival 2026
OcioenGalicia
Concierto de The Reptilians en Vigo
OcioenGalicia
Concierto de Alféizar en Vigo
OcioenGalicia
Concierto de Kevin Johansen + Liniers en A Coruña
OcioenGalicia
Concierto de Kevin Johansen + Liniers en Lugo
Aviso por posibles episodios puntuais de turbidez na auga tras traballos de mantemento en Cambre
EMALCSA deixará fóra de servizo este martes 3 de marzo a tubaxe de impulsión que abastece o depósito de Bergondo e o Concello de Cambre advirte de que as incidencias poderían notarse desde o mércores 4
Alerta por chamadas fraudulentas que suplantan ao Concello de Culleredo para vender depuradores de auga
O goberno local desminte calquera campaña deste tipo e pide á veciñanza que non facilite datos persoais e que avise ás autoridades se recibe o contacto
Quendas mixtas de taxi en Alvedro con licenzas de Culleredo e A Coruña a partir do 16 de marzo
A Xunta formaliza o convenio cos dous concellos para crear un réxime específico no aeroporto, cunha parada inicial de 35 vehículos e unha bolsa de reforzo para cubrir picos de demanda
Vilasantar busca fogares para 13 cachorros e chama á adopción responsable
Os pequenos, de arredor dun mes, aínda deben quedar coa nai ata cumprir dous, pero o Concello xa permite reservalos para facilitar a súa acollida
María Pan declara como investigada polo caso das horas extra da Policía Local
A exalcaldesa, que era responsable de Economía e Facenda cando se fixeron os abonos baixo sospeita, compareceu no Xulgado de Instrución número 5 da Coruña nun procedemento que analiza pagos por uns 565.000 euros e que tamén salpica ao seu antecesor, Óscar García Patiño
Un aniversario de 104 anos en Coruxou: Tomasa López Cagiao, a veciña máis lonxeva de Irixoa
O Concello felicitou á centenaria cunha visita do concelleiro de Servizos Sociais e do equipo técnico municipal, nun xesto de recoñecemento á memoria viva do rural
A néboa volve colapsar Alvedro e obriga a desviar voos e cancelar rotacións
Un avión regresou a Madrid, outros dous acabaron en Santiago e a terminal de Culleredo encheuse de pasaxeiros buscando alternativas nunha mañá marcada pola baixa visibilidade



