Novas de Arteixo
O arteixán Álex Fernández arrinca o Campionato Xunta de Galicia de Karting cun dobre triunfo en As Pontes
O piloto asinou a pole e gañou as dúas mangas na categoría Rookie (Vortex) na primeira cita puntuable da tempada 2026, marcada pola chuvia e unha alta participación
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
O Auditorio Manuel Murguía de Arteixo acolle este venres a obra 'As formas do amor'
A compañía Verdeveras leva ao escenario unha peza sobre o reencontro dunha parella e unha viaxe emocional para repensar o amor
Arteixo abre inscricións para un curso de conversa en inglés dirixido á mocidade
A actividade, para idades de 12 a 30 anos, desenvolverase os venres entre o 27 de febreiro e o 25 de xuño con prazas limitadas
Arteixo abre as portas dos centros educativos para as familias que preparan o curso 2026-2027
As EEI e os CEIP do municipio organizarán visitas e sesións informativas en febreiro e marzo, con datas pechadas nalgúns casos e cita previa noutros
Arteixo programa un obradoiro de tintes naturais en papel e creación dun herbario artesanal
A sesión, impartida por Estefanía Montero, celebrarase o sábado 14 de febreiro de 10.00 a 14.00 horas no Parque de Monticaño, con prazas mediante inscrición
Arteixo fixa a Feira de Oportunidades para a primeira fin de semana de marzo
A cita celebrarase do 6 ao 8 de marzo no Campo da Festa e o prazo para inscribirse pecha o 15 de febreiro, con tramitación pola sede electrónica
Prata e bronce para o Club Natación Arteixo no Nacional de 5 quilómetros en piscina de Elche
Mateo García Castro e Paula Otero subiron ao podio absoluto e lograron a mínima para competir no Europeo de augas abertas de París 2026
Arteixo presenta o Entroido 2026 cunha fin de semana festiva e dous días grandes de desfiles, concursos e Queima do Meco
O martes 17 celebrarase o desfile de adultos e o mércores 18 a comitiva fúnebre rematará no Anfiteatro
A Xunta encargará por preto de 100.000 euros o proxecto para 14 vivendas públicas en Vilarrodís, Arteixo
A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudicará a redacción do proxecto e a dirección de obra por 99.495 euros, nunha promoción cuxas obras se estiman en 2,7 millóns
Alerta vermella por temporal no litoral coruñés e pontevedrés: concellos activan peches e suspensións preventivas
A Xunta eleva o aviso por temporal costeiro, con previsión de ondas de ata nove metros e vento moi forte, e recomenda afastarse de diques, rompentes e paseos marítimos
A Deputación da Coruña pecha as axudas de Política Social con máis de 330 solicitudes e 13,4 millóns de euros en xogo
As subvencións para 2026 repártense entre entidades e concellos e inclúen partidas para servizos sociais comunitarios, SAF, envellecemento activo e investimentos en centros
Oleiros lidera unha acción conxunta para levar á Xunta aos tribunais polo financiamento da Dependencia e do SAF
Alternativa dos Veciños pide á Deputación da Coruña que cree unha oficina de apoio técnico e xurídico e asuma custos e defensa legal para os concellos que se sumen
Arteixo levará ao Pleno o expediente para iniciar o deslinde coa Coruña
O Concello busca fixar os marcos en zonas como Meicende e a avenida de Nostián para reducir a inseguridade xurídica que afecta a vivendas e naves
Dobre prata para Mateo García e gran actuación de Paula Otero no Meeting Internacional de Xenebra
O Club Natación Arteixo celebra os resultados en Suíza e xa mira ao Campionato de España de Longa Distancia, o sábado 31 de xaneiro en Elxe
O PSOE provincial da Coruña reúne o xoves o Consello de Alcaldes e Alcaldesas para analizar o ‘afogo económico’ dos concellos
O PSdeG denuncia a ‘imposición de competencias impropias sen financiamento suficiente’ e pide á Xunta un reparto de recursos con criterios ‘obxectivos e transparentes’
Mariñas Coruñesas leva a Fitur o eclipse solar, a súa nova base náutica e a sustentabilidade como bandeiras do ecoturismo
A Reserva inaugura na primavera unha Base de Actividades Ecoturísticas en Betanzos, lanza a campaña 'O noso corazón verde' e destaca un crecemento do 13% en visitantes
Eventos
OcioenGalicia
Concierto de Sabela en Viveiro
OcioenGalicia
Programación Día de Rosalía en Ames
OcioenGalicia
Entroido Choqueiro en Compostela
Miño volve ser sede da fase decisiva do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16
Do 6 ao 8 de febreiro, o campo municipal de Gallamonde acollerá partidos entre Asturias, Murcia, Melilla e Extremadura dentro dunha cita que tamén se repartirá entre A Coruña e Arteixo
Detido en Meicende Daniel Vázquez Patiño, un dos dez fuxitivos máis buscados do Estado
A Policía Nacional localizouno na contorna da Coruña e durante o operativo tentou agredir cun coitelo a un axente dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade
Arteixo converterase esta fin de semana no punto de encontro do judo galego
O Pazo dos Deportes acollerá tres citas os días 24 e 25 de xaneiro, con máis de 1.000 deportistas previstos e arredor de 2.000 asistentes
Corte nocturno de auga en Arteixo por melloras na rede xeral
O subministro interromperase o mércores 21 de xaneiro sobre as 23.30 horas ata o xoves 22 as 5.00 horas en Travesía de Arteixo, Avenida Fisterra e outras rúas da contorna
Arteixo destina 400.000 euros a renovar catro rúas e a crear un novo parque de 1.500 metros cadrados
Tras rematar as actuacións en Aurelio Aguirre e Manuel Murguía, o Concello levará a licitación en febreiro as obras en Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Valle Inclán
Sarabela Teatro leva a Arteixo a montaxe ‘O dragón de ouro’ no CCC Manuel Murguía
A función será o venres 23 de xaneiro ás 20.30 horas no auditorio do Centro Cívico Cultural e as entradas custan 4 e 3 euros
López Campos analiza co alcalde de Arteixo os cambios na Lei de Patrimonio para axilizar a protección dos bens culturais
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e José Carlos Calvelo tamén estudaron vías de colaboración para renovar infraestruturas e reforzar a programación cultural no municipio






