AcorunaXA
Rey agradece a Bebeto o seu papel para 'poñer A Coruña no mapa do fútbol mundial'
A alcaldesa participou na presentación da biografía autorizada do dianteiro, 'Bebeto. El hombre que acunó el gol', e avanzou que este venres será o encargado de acender o alumado de Nadal na praza de María Pita
O auditorio do CCC Manuel Murguía acolle 'Noso', dramedia sobre memoria familiar e loita contra os eólicos
A compañía coruñesa Os Náufragos Teatro actuará en Arteixo o venres 28 de novembro, ás 20.30 horas, cun espectáculo para público adulto inspirado nas mobilizacións do rural fronte aos parques eólicos
A Deputación da Coruña reserva 3,7 millóns de euros para reforzar o labor das entidades sociais en 2026
Arredor de 200 asociacións sen ánimo de lucro participaron nunha xuntanza telemática na que se presentaron cinco liñas de axudas para programas, centros, investimentos, proxectos sociosanitarios e compra de vehículos
A Fábrica acolle a mostra artística 'Arte con la' de Roo Whitelaw en Perillo
A exposición, que se poderá visitar do 28 de novembro ao 13 de decembro, inaugúrase o venres ás 13.00 horas no Centro Cultural A Fábrica
O CEIP O Graxal estreará o seu pavillón cun campamento de Nadal para nenas e nenos de 3 a 12 anos
ANPA Mencer e Artístika Movemento organizan do 22 de decembro ao 2 de xaneiro un programa con xogos, danza, deporte, música, arte e comedor opcional no colexio de Cambre
Barral valora a reforma do Vales Villamarín pero esixe máis profesorado e un comedor máis amplo
A alcaldesa de Betanzos reclama á Xunta reforzos de apoio educativo e critica que a rehabilitación non aumentase a capacidade do comedor escolar
'Arte por Palestina' enche o Liceo de Betanzos de denuncia e solidariedade
A mostra colectiva reúne creacións de artistas da contorna e pancartas de mobilizacións para manter viva a memoria do pobo palestino
A Deputación da Coruña reforza con 60.000 euros os programas 'A liña do galego' e Correlingua
O ente provincial achega 40.000 euros ao servizo de defensa dos dereitos lingüísticos da Mesa e 20.000 ao programa educativo que celebra o seu 25 aniversario
Arteixo pon en circulación o calendario municipal 2026, unha viaxe visual ao pasado do municipio
O almanaque, xa dispoñible en PDF, nace do concurso fotográfico #ArteixoNoTempo e repartirase entre maiores e alumnado dos centros educativos
A Coruña estrea o audiovisual 'Mocidade xitana contra o odio' para frear o antixitanismo nas aulas de secundaria
AGARESO e a Fundación Secretariado Xitano lanzan no Centro Ágora unha ferramenta educativa con testimonios da mocidade xitana e datos sobre a discriminación que sofre este colectivo
Sada activa as subvencións para entidades culturais sen ánimo de lucro para organizar actividades en 2025
As axudas, en réxime de concorrencia competitiva, contan cun orzamento de 20.000 euros e un prazo de solicitude de 15 días naturais, entre o 26 de novembro e o 10 de decembro
O infantil de Ximnasia Oleiros roza o podio na Copa de España de Conxuntos en Castelló
O conxunto logra unha meritoria 4ª posición na 3ª fase da competición estatal e afronta a recta final da tempada con máxima ilusión e apoio das familias
O podcast coruñés 'Estrelados na Estratosfera' logra dous premios no I Festival de Podcast de Galicia
O programa de CUAC FM, conducido por Iván Pensado e Víctor Fernández, é recoñecido co galardón ao mellor guión e co premio ao mellor podcast por votación popular no certame celebrado en Fene
Irixoa activa o campamento de Nadal ‘Irixoa concilia’ para nenas e nenos de 3 a 15 anos
O programa, enmarcado no Plan Corresponsables e financiado polo Ministerio de Igualdade e a Xunta, ofrecerá do 22 de decembro ao 5 de xaneiro actividades deportivas, lúdicas e educativas no polideportivo e na biblioteca municipais
LugoXa | ACoruñaXa
A Sociedade Micolóxica Lucus entregará o premio Cogomelo Lucus 2025 ao Grupo Naturalista Hábitat
O galardón recoñece máis de 45 anos de labor a prol da natureza e será entregado na tradicional Degustación de Cogomelos da sociedade
O luns abre o prazo de preinscrición para unha nova edición de Ocioleiros en Oleiros
O programa ofrece 19 actividades para maiores de 18 anos e está dirixido exclusivamente á veciñanza empadroada
Ordes acenderá o alumeado de Nadal o 5 de decembro cun espectáculo de maxia no parque da Constitución
AECOR, a asociación de comerciantes de Ordes, impulsa un festival de maxia con destacados ilusionistas como Yago Barral, Álex de las Heras, Sena e Apolo jr
A Coruña reclama de novo un Centro de Crise 24 horas nun 25N marcado pola lectura do manifesto e un lazo humano en Riazor
A alcaldesa, Inés Rey, reivindica máis recursos contra a violencia sexual e destaca que a campaña municipal ‘Non hai escusas’ continúa nas próximas semanas
Coirós conmemora o 25N cun poema recitado pola súa autora e difundido nas redes sociais municipais
O acto institucional reuniu veciñanza no salón de servizos sociais e incluíu a lectura do manifesto da FEGAMP
O Concello da Coruña lanza en directo o podcast ‘Fóra de Guion’ nas Naves do Metrosidero para promover o pensamento crítico na mocidade
O primeiro episodio celebrarase o 27 de novembro ás 19.00 horas cun encontro sobre o uso e abuso do xogo en liña
A Biblioteca González Garcés do Burgo acollerá un espectáculo de narración oral dentro da campaña do 25N
A proposta 'Rosa e azul', con entrada libre, está dirixida ao público familiar e pretende fomentar a reflexión sobre os estereotipos de xénero
Vilasantar renova o alumeado público para reducir a contaminación lumínica e mellorar a eficiencia enerxética
O Concello executa a instalación de novos cadros eléctricos ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Sada activa para 2025 as subvencións ás festas patronais parroquiais
As axudas, en réxime de concorrencia competitiva, diríxense ás entidades organizadoras das festas das parroquias para apoiar a súa continuidade e reforzar a participación veciñal
Pena Furada pecha en Coirós a II mostra de teatro para persoas adultas con ‘Rosalía, a filla do mar’
O grupo de teatro local representará o domingo 30 de novembro ás 18.00 horas unha montaxe centrada na vida e na obra de Rosalía de Castro, con entrada de balde ata completar aforo




