AcorunaXA
Cambre activa o programa Xogando no Nadal 2025 para facilitar a conciliación familiar
A iniciativa ofrecerá actividades lúdicas, deportivas e culturais no CEIP Wenceslao Fernández Flórez en dúas quendas e con varios servizos dispoñibles
O Auditorio de O Burgo acolle este venres o monólogo de Federico Pérez
A función, incluída en Culleredo en Escena, será de acceso gratuíto con convite previo que poderá retirarse desde unha hora antes
Abegondo anuncia un recurso de alzada contra a autorización estatal para a subestación eléctrica de Folgoso
O Concello expresa o seu profundo malestar pola decisión do Ministerio e insiste en que o proxecto carece de consenso social e terá un impacto ambiental severo
O debut de Samuel Mariño en Galicia enche o Teatro Colón na 73 Temporada Lírica
O sopranista actuou por primeira vez nun escenario galego cun programa que viaxou do barroco ao belcantismo, acompañado ao piano por Jonathan Ware
O BNG de Oza-Cesuras impugna a convocatoria dun pleno extraordinario por considerar que non se cumpriu o procedemento legal
A formación nacionalista afirma que o orzamento de 2025 foi incluído na orde do día sen o ditame previo da Comisión Informativa
Julio Abalde salienta a transformación do borde litoral da ría do Burgo para facer fronte ao cambio climático
O proxecto do Ministerio para a Transición Ecolóxica mellorará máis de 4 quilómetros de litoral entre A Coruña, Culleredo, Oleiros e Cambre cun investimento próximo aos 6 millóns de euros, co remate previsto para xullo de 2026
Transportes incrementa en 11,6 millóns o orzamento para o acceso ferroviario a Punta Langosteira
A actualización do plan de investimentos eleva a preto de 160 millóns o custo global dun proxecto que xa completou a escavación de todos os seus túneles
A Deputación e o Concello de Miño estrean as novas beirarrúas de San Xoán de Vilanova
A actuación, cun investimento de 758.132 euros, reforza a seguridade e accesibilidade peonil nun quilómetro da DP-4802, mentres o municipio acumula preto de dous millóns de euros en obras provinciais
Fumega Fest 2026 aposta forte polo stoner e o doom no Pasatempo con Conan á cabeza do cartel
A segunda edición do festival celebrarase o 26 e 27 de xuño en Betanzos con bandas internacionais como Conan, Stoned Jesus, Burst ou Causa Sui
Corte total na estrada de Lois entre Os Lagos e Oza San Pedro por mor da rotura dunha tubaxe
O Concello recomenda empregar a estrada de Parada ou o acceso por Carraceda mentres duren os traballos de reparación
As familias do CEIP de Tarrío, en Culleredo, chaman a manifestarse para reclamar máis recursos educativos
A ANPA Rosalía de Castro convoca unha mobilización o xoves 27 de novembro para pedir Pedagoxía Terapéutica, máis apoio en Infantil e unha cuarta aula de 4º de Primaria
Antón Gómez e Alba Raso dominan en Novo Mesoiro na carreira que pecha o circuíto Coruña Corre
Máis de mil persoas despediron a tempada no barrio nunha proba marcada pola lembranza do atleta galego Jesús Bernal, ao que se dedicou un emotivo minuto de silencio
Dobre presenza galega no torneo mundial de ximnasia estética de grupo en Samokov
Os conxuntos de Ximnasia Oleiros e Pavillón Ourense forman parte dos oito equipos que representarán a España nas grandes citas internacionais de GEG en Bulgaria
Sada prepara o calendario municipal de 2026 coas novas familias como protagonistas
O Concello invita ás persoas que se mudaron á vila dende outros lugares a cubrir un formulario na web municipal e a enviar unha fotografía de familia antes do 30 de novembro
Carral festexa o podio de Iván Ares na Carreira de Campións de Utiel
O piloto, veciño do municipio, rematou terceiro na proba solidaria co que se pechou a tempada do SuperCER, só por detrás de 'Cohete' Suárez e Efrén Llarena
Case 300 persoas énchen Bergondo de aventura na I Orientación Nocturna e na sexta proba da liga MTBO 2025
O Concello e o club Gallaecia Raid artellaron unha xornada completa de deporte e natureza, con campionato galego de media distancia en bicicleta de montaña pola mañá e un rogaine nocturno popular con 218 participantes pola tarde
Máis de medio milleiro de persoas iluminan o Monte Xalo na sétima Nocturna do Xalo en Culleredo
A carreira de 12 quilómetros, con triunfos de Marcos Naya e Alba Rey, e a andaina de 8 quilómetros convertéronse nunha gran festa deportiva e veciñal con saída e meta na polideportiva de Castelo
Betanzos chama a mobilizarse contra as violencias machistas cunha concentración e a XII Andaina das Mariñas
O martes 25 de novembro haberá concentración e lectura dun manifesto feminista ao mediodía na praza da Constitución e o sábado 29 celebrarase en Betanzos a XII Andaina contra a violencia de xénero, cun percorrido urbano de 5 km organizado polo Consorcio As Mariñas
O Consorcio Provincial contra Incendios da Coruña aproba o orzamento de 2026 e defende o proceso das 42 novas prazas de bombeiro
A entidade lembra que as probas foron consensuadas polos catro consorcios galegos, con exercicios físicos semellantes aos doutros servizos, tempos menos esixentes, cinco probas e un sistema de concurso oposición no que os méritos chegan ao 40 % da puntuación
Bergondo investe máis de medio millón de euros en melloras de infraestruturas entre San Fiz e Miodelo
O Concello executa tres obras na zona, cunha senda peonil entre ambas as localidades, a limpeza do cauce dos ríos Callou e Miodelo e a renovaciónda rede de pluviais en Pisón, cun investimento total de 567.997 euros.
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: Taller de composición coa RFG
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
GaliciaXa
A RAG comeza a campaña para escoller a Palabra do ano 2025
O público poderá participar ata o 1 de decembro na fase de recolla de suxestións e, posteriormente, do 3 ao 21 de decembro, na votación final
Betanzos abre o luns 24 de novembro o prazo de inscrición para o campamento de Nadal 2025-2026
O programa Betanzos Concilia desenvolverase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro no CEIP Francisco Vales Villamarín, con 20 prazas para nenas e nenos de 3 a 12 anos e unha cota de 50 euros
Carral acolle unha charla para informar ás familias numerosas sobre dereitos, recursos e axudas
AGAFAN e o Concello de Carral organizarán o mércores 26 de novembro, ás 18.00 horas, unha sesión aberta na Casa da Cultura con atención personalizada ás familias




