AcorunaXA
Bebeto asina no Libro de Ouro de Abegondo nunha visita institucional ao Concello
A lenda do Deportivo será recibida polo alcalde José Antonio Santiso este domingo ás 13.00 horas na Casa do Concello, nun acto aberto á veciñanza
Inaugurada en Palexco a exposición 'Galicia, unha escola' polo 50 aniversario da ETSAC
A mostra permanecerá aberta ata o 11 de xaneiro e rende homenaxe a cinco décadas de docencia, creación e pensamento arquitectónico na Universidade da Coruña
As xornadas 'O rural galego en feminino' poñen o foco na ecoloxía rural e no papel das mulleres esta fin de semana na Coruña e en Irixoa
ADEGA A Coruña organiza o sábado 29 unha xornada de debate no centro cívico da Cidade Vella e o domingo 30 unha visita á Granxa Ecolóxica de Lousada, proxecto referente en agroecoloxía
Vilasantar abre o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal no CEIP de Présaras
A proposta, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, celebrarase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro en horario de 10.00 a 14.00 horas
Bebeto acende o Nadal na Coruña cunha explosión de tres millóns de luces
Bebeto inaugura o alumado e o Mercado de Nadal en María Pita, acompañado por Inés Rey e polos nenos e nenas do concurso de postais
Melloras no alumeado público de Vilasantar permiten un aforro enerxético do 75%
A renovación de 374 puntos de luz e 41 centros de mando moderniza a rede de iluminación municipal con tecnoloxía LED e reduce a contaminación lumínica
Rosa Ana García reivindica no CEI o papel estratéxico do audiovisual galego na XIX edición do I+P
A Coruña Estudio Inmersivo acolle a xornada de pitching de I+P, Ideas para Producir, con 18 proxectos seleccionados entre case 200 candidaturas e a participación das principais plataformas e cadeas estatais
Oleiros pedirá 400.000 euros á Deputación para novas bancadas e vestiarios en O Redondo
A obra, cun investimento municipal superior a 1,6 millóns, executarase nos primeiros meses do ano no campo de fútbol de Montrove, usado polo Unión Campestre de Montrove e polo Atlético Club Perillo
Os clubs de Miño levan aos campos a mensaxe do 25N cos petos contra a violencia machista
A concelleira de Igualdade, Catalina Morado, e o edil de Deportes, José Manuel Pantín, completan coa AD Miño o reparto de 280 petos que visibilizan a loita contra a violencia de xénero no deporte base
Culleredo aproba un modificativo de crédito para investir 7,9 millóns de euros en actuacións urxentes
O pleno dá luz verde por unanimidade a un paquete financiado co remanente de tesourería que prioriza a mellora de instalacións deportivas, o saneamento, a accesibilidade e o mantemento viario
Varios afectados e un falecido por fume nun incendio nun edificio da rúa San Isidoro na Coruña
O lume, iniciado no cadro eléctrico do portal, obrigou a desaloxar máis de trinta veciños e deixou outro home en estado crítico no Hospital Universitario da Coruña
O CEIP de Tarrío intensifica a súa loita e prepara novas mobilizacións para reclamar máis recursos á Xunta
Un cento de familias, convocadas pola ANPA Rosalía de Castro, denuncian a falta crónica de medios humanos e materiais e anuncian unha nova protesta que chegará até a rotonda do outlet se non hai resposta
A Deputación da Coruña celebra a II Gala de Turismo e distingue cinco proxectos pola súa innovación e compromiso co territorio
O encontro, celebrado no Porto de Oza, reuniu ao sector turístico provincial nunha edición que reivindicou un modelo sostible, auténtico e ligado á identidade da Coruña
Meicende celebra este sábado o último baile magosto de novembro
O Centro Social acollerá unha tarde de música e castañas co dúo Primera Fila, de 17.00 a 20.00 horas
A pista de xeo natural de Perillo abre hoxe, 28 de novembro, as súas portas
A instalación, situada na Polideportiva da avenida II República, funcionará ata o 11 de xaneiro con horarios ampliados en fins de semana e vacacións de Nadal
O Campamento de Nadal de Curtis ofrecerá actividades de conciliación en Nadal e Reis
O Concello abre ata o 15 de decembro o prazo de inscrición para o programa 2025/2026, con sede nos centros de ocio de Curtis e Teixeiro
Crendes celebra as festas na honra a San Andrés con música, gastronomía e tradición
A pista de Crendes acollerá os eventos o 29 e 30 de novembro, cun amplo programa que inclúe sesións vermú, degustación de polbo e actuacións musicais
A Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago levan o programa 'Provincia Emprendedora' ás aulas
O itinerario 'Emprendendo nas aulas' prevé máis de 60 sesións no curso 2025-2026 e a participación de máis de 600 estudantes de diferentes concellos
Ordes saca a licitación a mellora de pavimentos e canalizacións en varias vías municipais
O investimento previsto supera os 467.000 euros e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 22 de decembro de 2025
Arteixo aproba un orzamento de 66,2 millóns de euros para 2026
As contas municipais reservan máis de 18 millóns para novas infraestruturas e elevan o orzamento consolidado, xunto con Sumarte, ata os 70,8 millóns de euros
A AMPA do CEIP de Prácticas lanza as camisetas 'Prácticas en loita' para visibilizar a súa reclamación dunha escola segura
Esta nova acción chega tras un ano de mobilizacións e denuncias polo grave deterioro do colexio, que levaron á Xunta a comprometerse cunha reforma integral
A Deputación da Coruña subliña o papel 'insustituíble' de AFACO na atención ás persoas con Alzheimer
Mar García Vidal participou no acto polo 30 aniversario da entidade e comprometeu o apoio provincial a unhas políticas sociais 'máis humanas, máis próximas e máis efectivas'
Convocada unha concentración o 29 de novembro na Praza Irmáns García Naveira por falta de profesorado no CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos
A comunidade educativa do centro, a través da ANPA Brigantium, pide á Consellería de Educación a incorporación urxente de mestres, especialmente de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, ante a sobrecarga de aulas e as deficiencias nas ratio docentes
As redes veciñais de Novo Mesoiro seguen medrando e xa teñen lista de espera no grupo de Charla
A comunidade conta con numerosos grupos de WhatsApp temáticos e supera os 1.600 veciños en Telegram




