Convocada unha concentración o 29 de novembro na Praza Irmáns García Naveira por falta de profesorado no CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos

concentracion anpa brigantiumA ANPA Brigantium do CEIP Francisco Vales Villamarín vén de convocar unha concentración para o vindeiro sábado 29 de novembro ás 12.00 horas na Praza Irmáns García Naveira de Betanzos. A chamada, promovida pola ANPA logo da negativa da Consellería de Educación a reforzar o cadro docente, busca denunciar a falta de profesorado necesario (máis mestres de Primaria, especialistas en PT e AL, e profesorado de apoio) para garantir o bo funcionamento do centro, onde estudan case 900 alumnos.
Segundo a xunta de nais e pais, a situación de 'sobrecarga nas aulas' é 'un problema máis que evidente', a pesar de que recentemente se abriron novas aulas para reducir as ratios. A ANPA reprocha á Administración 'desidia' e lembra que as demandas se levan repetindo durante anos sen resposta efectiva.
Sen embargo, a poucos días da convocatoria, o conselleiro de Educación visitou o colexio e defendeu que este curso contan 'con máis persoal docente para menos alumnos'. A rexedora municipal de Betanzos apoiou a mobilización, reclamando tamén melloras no servizo de comedor e un reforzo real dos recursos humanos.
A ANPA e o Concello alertan de que a demanda de profesorado e de atención especializada non é unha reivindicación puntual, senón un problema estrutural que afecta ao dereito a unha educación de calidade, especialmente para o alumnado que necesita atención adicional.