AcorunaXA
O BNG pide explicacións urxentes polo impago de subvencións e pola reforma pendente do pavillón de Tarrío
Os nacionalistas reclaman a convocatoria inmediata de dúas comisións municipais e acceso aos expedientes completos, incluído o procedemento iniciado en 2021 que rematou sen obra executada
A reforma integral da travesía iniciarase en marzo cun investimento de 3,6 millóns de euros
A primeira fase, de 1,8 quilómetros entre a rotonda de Sabón e as rúas Reconquista e Independencia, comezará coa derruba de cinco inmobles abandonados no Alto de Arteixo
A Deputación aproba axudas para pagar persoal técnico de museos en 2026
O programa FO216 suma 399.088 euros para 20 concellos e busca garantir a atención ao público, a actividade cultural e a xestión dos espazos museísticos
Prevista para a primavera unha rehabilitación integral da N-634 no tramo de Teixeiro
O Concello de Curtis asegura que a Demarcación de Estradas prevé actuar entre os puntos quilométricos 664 e 677 e manterá mentres tanto reparacións puntuais
Voluntariado para retirar lixo mariño na Praia Grande, en Sada, o luns 16
A xornada será de 10.30 a 13.00 horas, é gratuíta e con prazas limitadas, dentro do programa ‘Coñece o teu litoral’ impulsado por GN Hábitat
O Antroido da Coruña modifica o desfile polas obras nos Cantóns e traslada o Deus Momo ás Atochas
O concurso de comparsas de vestiario, coreografía e carrozas celebrarase o sábado 14 ás 18.00 horas con 25 agrupacións e 20.000 euros en premios
Sada atende numerosas incidencias polo vento tras o paso da borrasca Nils
O Servizo Municipal de Emerxencias e a Policía Local retiraron elementos desprendidos e aseguraron zonas afectadas mentres continúa a alerta laranxa por fenómenos costeiros
Avanza a renovación do parque infantil de Bemantes en Miño con novo chan e xogos
A actuación, financiada polo POS+ da Deputación, inclúe a substitución do peche perimetral, do pavimento de caucho e dos elementos de xogo, cun orzamento de 62.036,89 euros
O BNG alerta do ‘deterioro’ na torre de control de Alvedro e reclama volver á xestión pública
Os nacionalistas advirten de que a falta de persoal pode afectar operacións sensibles, como voos sanitarios e transporte de órganos, e levan iniciativas ao Parlamento e ao Congreso
Desfile, cocido e ‘Enterro do Policarpo’ no Entroido de Samede
A cita será o domingo 22 de febreiro cun percorrido desde a capela ata o campo da festa e un xantar na carpa
A Xunta abre a información pública da rolda sur-oeste de Ordes para unir a N-550 coa AC-413
A variante de máis de 2 quilómetros busca afastar o tráfico pesado do centro urbano e incluirá sendas para peóns e bicicletas
O PEL da Deputación apoia este ano a 33 empresas e autónomos de Ordes
As axudas inclúen incentivos á contratación, impulso ao emprendemento e apoio a pemes, co exemplo de ORDESTAR S.L., que recibe 15.000 euros para incorporar persoal
ASPACE Coruña incorpora en Sada o exoesqueleto pediátrico 'ATLAS 2030' para reforzar a rehabilitación infantil
A entidade convértese na primeira organización social da provincia en sumar esta tecnoloxía, que permite poñerse en pé e camiñar a nenos e nenas con parálise cerebral ou doenzas neuromusculares
A Mancomunidade de Ordes leva ás aulas a ‘Escola de Novos Cooperativistas’ para promover emprendemento con valores
O programa achégalle á mocidade o cooperativismo e a economía social con actividades prácticas e traballo en equipo, e arrinca con sesións en centros de Ordes, Oroso e Tordoia
O BNG levará ao Pleno da Coruña a situación de Monte Mero e pide ao goberno local que defenda a permanencia das familias nas súas casas
Avia Veira preguntará se o executivo de Inés Rey está a interceder ante a Xunta polo dereito da veciñanza a manter as vivendas e reclama a reunión a tres bandas prometida
Carral impulsa a inclusión dixital das persoas maiores con cursos gratuítos de iniciación á tecnoloxía
Os obradoiros, dirixidos a maiores de 60 anos, celebraranse do 9 ao 12 de marzo en horario de 10.00 a 13.00 horas e a inscrición poderá facerse ata o mércores 18 de febreiro
Dobre bronce para Helen Sanderson no Nacional Máster de Inverno e Culleredo suma medallas en Castelló
A nadadora do Club Natación Culleredo subiu ao podio nos 100 bolboreta e nos 200 braza, nun campionato no que tamén destacou a actuación de Alberto González
O PP levará ao Pleno da Coruña unha moción para blindar o voo a Londres desde Alvedro e recuperar Heathrow en Alvedro
Os populares alertan de que o contrato coa conexión con Gatwick remata en abril e piden ao goberno local que garanta a continuidade da ruta e reclame a Aena tres controladores fixos máis para a torre
Dobre cita de Entroido en Cambre con disfraces na Barcala e desfile no Campo da Feira
A Barcala organiza unha festa o luns 16 de febreiro e o Entroido Pequeno celebrarase o sábado 21 con concurso, carrozas e concertos de Los Inhumanos e a Orquestra Los Satélites
Vento forte e medidas preventivas polos avisos laranxas na comarca coruñesa
A Xunta suspende as actividades escolares no exterior e a práctica deportiva federada ao aire libre desde as 12.00 horas do mércores 11 ata as 0.00 do xoves 12, e varios concellos activan peches en instalacións municipais
O Atlantic Pride abre na Coruña o seu V certame de relatos LGTBIQ+ con premios de ata 600 euros
O concurso, en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais e o club de lectura QUEERuña, admite textos en galego ata o 31 de maio e dará a coñecer as obras gañadoras durante o festival, do 5 ao 12 de xullo de 2026
O Entroido infantil enche de disfraces e chocolate a Casa do Pobo de Lorbé en Oleiros
A festa celebrarase o sábado 14 de febreiro desde as 17.00 horas con monitores e actividades para a rapazada, organizada pola S.C.R. Amigos de Lorbé coa colaboración do Concello
Accesos renovados para gozar mellor da praia de Perbes en Miño
O Concello dá por rematado un proxecto de 84.149 euros que elimina invasoras e mellora as entradas norte e sur do areal con bandeira azul
Máis horas de axuda no fogar e reforzo dos equipos sociais en 2026 na provincia da Coruña
A Deputación investirá 8.855.329 euros para financiar 377.991 horas do SAF e a contratación de 177 profesionais en concellos de menos de 20.000 habitantes




