AcorunaXA
Unha fin de semana de festa, feira e tradición arredor do lacón con grelos en O Mesón do Vento en Ordes
A XXVII edición celebrarase os días 7 e 8 de marzo de 2026 con exposición de gando, feira de maquinaria agrícola de segunda man, folclore, actividades ecuestres e actuacións musicais
Dous alumnos afían o seu talento para representar Galicia en SpainSkills desde o CIFP Someso da Coruña
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, seguiu unha sesión de preparación do campionato estatal, no que competirán Pablo Álvarez en Carpintería e Anxo Silva en Ebanistería
A cociña convértese en xogo no obradoiro Pequechef en Fillos de Ois, en Coirós
A actividade, dirixida a nenas e nenos de 3 a 14 anos, celebrarase o sábado 14 de febreiro de 11.30 a 13.00 horas no baixo social do SCRD Fillos de Ois, con prazas limitadas e copago de 6 euros
A Galicia Design Week volverá á Coruña do 14 ao 23 de maio cunha edición centrada no sector profesional
O festival reforza a súa programación para especialistas e mantén a súa conexión coa rede internacional World Design Weeks con obradoiros, exposicións, parladoiros e presentacións
A hostalaría de Miño énchese de formación co arranque de 'Cociña Mariñeira'
O programa impulsado polo GALP Ártabro Norte con axudas FEMPA iniciou este luns na Casa do Pescador un ciclo de seis obradoiros previstos para febreiro e marzo
O BNG pide en Coirós máis uso e programación para a Aula da Natureza de Chelo
A formación nacionalista rexistrou unha moción para crear unha programación anual estábel e diversa e pide melloras de mantemento, accesos e un novo aparcadoiro
O uso de Bicicoruña en A Coruña marca un récord no 2025 con máis de 1,7 millóns de viaxes
O servizo municipal sumou 1.728.835 usos, 385.382 máis ca en 2024, nun ano no que a rede chegou a 79 estacións tras un investimento de 2,5 millóns de euros
O Entroido de Bergondo celebra o 21 de febreiro unha xornada con festa infantil e música no Cruz do Sar
A orquestra Fania Blanco Show poñerá a banda sonora da tarde noite e, no descanso, actuarán os mellores grupos do festival escolar BergondoRisión
Máis participación para o V Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Diputación de A Coruña
A Deputación pecha o prazo con 64 candidaturas, 12 máis ca o ano anterior, e fará público o fallo o 10 de abril nun acto con seis galardóns de 7.000 euros
Os campus de Elviña e A Zapateira decláranse sen fume para frear tabaco e vapeo
A Universidade da Coruña e a Asociación Española Contra o Cancro amplían a rede de Espazos Sen Fume con edificios, instalacións deportivas e accesos inmediatos como contornas libres de consumo
O Entroido en Betanzos enche febreiro de obradoiros e remata co Enterro da Sardiña
Haberá propostas para a cativada no Carregal, baile para a terceira idade, animación na rúa e un ‘Entroido na Cañota’ con 1.200 euros en premios
A comunidade educativa de Teixeiro volve á rúa para reclamar a reforma e ampliación do CEIP
A ANPA A Froula convoca unha manifestación o 11 de febreiro ás 9.05 horas desde a praza ata o colexio para esixir un compromiso en firme da Consellería de Educación
Arteixo abre inscricións para un curso de conversa en inglés dirixido á mocidade
A actividade, para idades de 12 a 30 anos, desenvolverase os venres entre o 27 de febreiro e o 25 de xuño con prazas limitadas
‘Mil sabores, cero desperdicio’ trae a Oza-Cesuras un curso de cociña de aproveitamento
As sesións serán no Centro de Maiores de Oza os venres, do 6 de marzo ao 17 de abril (agás o 3 de abril), en horario de 19.00 a 21.00 horas
Teixeiro impulsa a súa transformación urbana co proxecto de reparcelación do APE-4
O Concello de Curtis aprobou a actuación do PXOM na contorna do CEIP e reserva solo para ampliar o colexio, crear zonas verdes e habilitar novos espazos públicos
As familias chaman a mobilizarse o 28 de febreiro para defender a escola pública na Coruña
A ANPA do CEIP de Prácticas alerta de masificación, falta de apoios e problemas de seguridade e salubridade, nunha marcha provincial convocada ás 11.00 horas entre a praza de Ourense e O Parrote
Un obradoiro gratuíto axudará á mocidade a xestionar as emocións en Oleiros
‘Surfeando coas Nosas Emocións’ diríxese a rapazas e rapaces de 12 a 15 anos e desenvolverase en oito sesións na Casa da Cultura de Perillo
A xornada das IXP de vacún celebrarase finalmente este luns en Curtis tras o aprazamento polo temporal
O Recinto Feiral acollerá o 9 de febreiro unha sesión técnica e unha degustación para poñer en valor Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: Obradoiro de composición
O transporte de viaxeiros da provincia de A Coruña ameaza con volver á folga indefinida o 11 de febreiro
A CIG asegura que as asembleas na Coruña, Santiago e Ferrol acordaron reactivar os paros se non hai avances na mediación do luns 9, prevista para as 13.00 horas
Un vídeo do CEIP de Tarrío leva para Culleredo o Premio do Público dos Youtubeiras+
‘Cada historia, unha vida’, unha peza polo 25N realizada polo alumnado de 4º de Primaria, impúxose na votación popular da gala celebrada en Ferrol
Monte Alto a 100 impóñese no concurso de comparsas de música e letra do Antroido
Pantaleón e Os Maracos completan o podio nun certame celebrado no Palacio da Ópera, que abriu os grandes actos do carnaval na cidade
O público decidirá os premios do Entroido cunha votación por móbil en Miño
A festa celebrarase o 14 e 15 de febreiro nas Pistas de Rabazal, cun concurso con 1.200 euros en premios e unha xornada familiar o domingo
Refórzase a vixilancia en Paderne fronte aos danos reiterados no patrimonio público
O alcalde reuniuse coa Guardia Civil e confirma a presentación da primeira denuncia en firme polos estragos causados presuntamente por maquinaria pesada
Un episodio de ameazas xera inquietud entre os veciños de Teixeiro
Testemuñas do núcleo de Curtis relatan unha tarde de tensión en comercios e locais hostaleiros e reclaman máis presenza preventiva




