Un vídeo do CEIP de Tarrío leva para Culleredo o Premio do Público dos Youtubeiras+

ACoruñaXa
‘Cada historia, unha vida’, unha peza polo 25N realizada polo alumnado de 4º de Primaria, impúxose na votación popular da gala celebrada en Ferrol
CULLEREDO xurxo varela
Actualizada el 30 mayo 2026, 10:58 horas
8 Feb 2026

Culleredo sumou este sábado un novo recoñecemento no ámbito da creación dixital en galego. O vídeo ‘Cada historia, unha vida. O 25N no CEIP de Tarrío’, asinado por Xurxo Varela, foi o gañador do Premio do Público dos Youtubeiras+, un galardón que se decide mediante votación popular telemática.

A peza é un audiovisual conmemorativo polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25N) e foi realizado polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Tarrío, no municipio de Culleredo.

O proxecto chegou á fase final do certame dentro das propostas ao Premio do Público e acabou levando o primeiro posto tras a votación, nunha edición na que Youtubeiras+ bateu o seu récord de participación con 126 canles inscritas e coa novidade de abrir a concorrencia a perfís en máis plataformas alá de YouTube e TikTok.

Os Youtubeiras+ están impulsados por servizos de normalización lingüística de varios concellos, polas universidades galegas e pola Deputación da Coruña, co obxectivo de visibilizar e promover contidos en galego no ecosistema dixital.

0.1183910369873