AcorunaXA
Mulleres Colleiteiras colabora coa Edar de Bens na redución dos verquidos de aceite doméstico en augas residuais
A alcaldesa e presidenta da Edar, Inés Rey, asinou con Montserrat Gabarri, presidenta de Mulleres Colleiteiras, o convenio de colaboración entre a empresa municipal e a cooperativa
A delegada da Xunta na Coruña realiza unha visita institucional ao Concello de Oza-Cesuras
A delegada lembrou que a Xunta investirá 1,2 millóns de euros para construír un paso peonil baixo a vía do tren e eliminar un punto negro de tráfico no casco urbano de Oza-Cesuras
O BNG da Coruña fai un valance "moi crítico" do primeiro ano de mandato
“Falta de diálogo e inacción á hora de resolver as múltiples tarefas pendentes que o Concello ten por diante”, resume o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera
O candidato do PP ao Parlamento Europeo pide o voto nos barrios coruñeses dos Mallos e da Sardiñeira
Adrián Vázquez sinalou que no día en que se cumpre un ano das eleccións municipais, a mala xestión do Psoe e BNG na cidade repítese tamén en Bruxelas
Arteixo abre a primeira quincena de xuño o prazo de renovación das escolas deportivas
O periodo de renovación para acudir as escolas deportivas de Arteixo será do 1 ao 14 de xuño
Culleredo declarará a emerxencia sanitaria fronte ao ERTE dos traballadores de Jardincelas
O obxectivo é minimizar os efectos sobre a cidadanía e que os servizos non se vexan parados en tanto non se inicien as novas contratacións ordinarias
A Feira Medieval de Betanzos ultima os preparativos para a edición deste ano
A edición deste ano da Feira Franca Medieval de Betanzos contará con máis postos na súas rúas e máis días de celebración
Máis de 1.500 mozos participan nas actividades do Concello de Oleiros para combater a LGTBIfobia
En total, pasaron polos Puntos Arcoiris 970 alumnos e alumnas e participaron nos obradoiros outros 557 escolares
O luns comezan as obras de mellora da praza do Emigrante en Betanzos
As actuacións afectarán a case un centenar de persoas usuarias do aparcadoiro subterráneo desta zona de Betanzos
A Coruña acollerá a estrea da ópera 'Le Villi' de Puccini, un proxecto que une seis centros educativos de Galicia
O Concello colabora con esta iniciativa artística organizada polo Conservatorio Superior de Música da Coruña. A función terá lugar este sábado, 1 de xuño, no Teatro Colón
O PSdeG de Arteixo piden melloras na seguridade viaria da AC-552
Os socialistas arteixáns insisten na necesidade de construción de beirarrúas e pasos peonís en Candame, Lañas e Larín
A Xunta reforzará dende o 22 de xuño o servizo de autobuses entre A Coruña, Oleiros e Sada
Con esta medida, a Xunta reforza e prolonga as frecuencias nas localidades de Lorbé e Dexo, que gañan 10 servizos ao día de luns a venres cara á Coruña e 15 con destino Lorbé, xunto con 4 en cada sentido os domingos e festivos
Nace na Coruña o Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego
Poderán participar todas as autoras, autores e colectivos que autoeditaron un cómic ou fanzine gráfico en lingua galega ou desde Galicia entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 15 de maio de 2024, cun máximo de 3 obras por participante
Cruz Vermella A Coruña organiza o sábado a primeira andaina solidaria pola donación de sangue
O alumnado do Centro de Formación de Cruz Vermella organiza o sábado 1 de xuño unha ‘andaina’ circular na zona da Mariña no Parrote que concluirá coa posibilidade de doar sangue nas unidades móbiles de ADOS
Coruña oferta un proxecto de formación en coidados para as persoas maiores e dependentes
O curso, que se e porá en marcha na Coruña a finais de ano, está destinado ás traballadoras que atenden as persoas maiores e dependentes da cidade nas súas casas
O orzamento de Cambre superará os 21 millóns e inclúe crédito para contratar persoal
A alcaldesa confía en que os grupos “non obstaculicen a aprobación do orzamento, un documento que consideramos esencial para seguir avanzando e recuperando a normalidade en Cambre”
Coruña ofrecerá cursos formativos destinados a impulsar o desenvolvemento online de pequenos negocios
Os talleres están dirixidos a persoas autónomas, emprendedoras e pequenas empresas da cidade herculina
Os Sábados Miúdos volven a Betanzos o 1 de xuño coa función infantil 'Palabras'
O espectáculo está destinado a nenos e nenas a partir de 2 anos e as súas familias e ten unha duración de 45 minutos
Este é o dispositivo de seguridade para as celebracións desta fin de semana do Dépor
O Concello habilitará mañá á noite un dispositivo especial de seguridade na fonte de Catro Camiños, co gallo dos festexos de ascenso do Real Club Deportivo
O BNG de Coirós propón a instalación dunha área de estacionamento de autocaravanas
A portavoz do BNG de Coirós, Pura Ferreño: “Cunha boa regulación conseguirase por unha banda maior seguridade xurídica e garantías para as persoas usuarias e para a veciñanza e por outro lado abrir novas vías para o desenvolvemento económico do municipio”
Cambre comeza as labores de limpeza de emerxencia no centro de saúde e nos colexios
A rexedora confía en que a empresa contratada “poida estar traballando a pleno rendemento desde a vindeira semana a expensas de cubrir as baixas do persoal que foi subrogado”
O CICA participou no 2023 en 79 proxectos de investigación e publicou 178 artigos científicos
Érika García e Alejandro Criado foron elixidos como embaixadores do CICA durante o ano 2023 polo seu compromiso na difusión científica.
A Área Sanitaria despediu aos 42 novos profesionais sanitarios rematan a súa formación como residentes
O consellerio de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Luis Verde, animou aos novos médicos a continuar sempre a súa formación e agradeceu o labor dos titores e unidades docentes





