Volven as bolsas de axudas para o comedor en Miño

ACoruñaXa
Incremento de 7.000 euros na dotación económica busca garantir que máis familias se beneficien desta axuda
Nenos no comedor escolar
2 Out 2024

O Concello de Miño vén de abrir unha nova convocatoria para as bolsas de comedor escolar co obxectivo de garantir que todas as familias que cumpran os requisitos poidan acceder a esta axuda. Este ano, a dotación económica para estas bolsas incrementouse en 7.000 euros, reforzando o compromiso municipal coa conciliación familiar e o benestar dos nenos e nenas.

A nova convocatoria está dirixida ás familias que non puideron presentar a solicitude no prazo inicial, aquelas que non atenderon os requirimentos necesarios e ás que se estableceron recentemente no municipio. O Concello busca así asegurar que os fondos dispoñibles cheguen ao maior número de beneficiarios, facendo fincapé na importancia dos comedores escolares para a conciliación e a alimentación equilibrada na etapa escolar.

As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude a través da web oficial do Concello ou nas oficinas municipais dentro do prazo establecido. Desde o Concello, reiteran o seu compromiso co benestar da veciñanza e co obxectivo de que ningún menor quede sen este apoio esencial.

0.098660945892334