Vinte novos pisos protexidos na Rabadeira abren prazo para formar cooperativa

GaliciaXa | ACoruñaXa
O Concello de Oleiros inicia hoxe a inscrición para participar na promoción, que seguirá o modelo xa impulsado en Perillo, Xaz e Mera
OLEIROS praza rabadeira
6 Jun 2026

O Concello de Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para participar nunha nova cooperativa de vivendas protexidas que permitirá construír 20 pisos na praza da Rabadeira. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica municipal durante o prazo dun mes.

Unha vez rematado o período de inscrición, celebrarase un sorteo público para establecer a orde da lista de participantes. Ademais, o Concello convocará no mes de xullo unha asemblea informativa con todas as persoas inscritas para explicar os detalles da promoción, o desenvolvemento do proxecto e as condicións de acceso ás vivendas.

Esta actuación súmase ás cooperativas xa promovidas polo Goberno municipal en diferentes puntos do concello. Na actualidade están en marcha 148 pisos nas zonas de Perillo, Xaz e Mera, aínda que neste último caso o inicio das obras das 28 vivendas previstas está pendente da aprobación definitiva da modificación urbanística por parte da Xunta.

Os prezos das vivendas están fixados pola Xunta de Galicia e dependen da superficie de cada piso. Como referencia, unha vivenda de tres habitacións situaríase arredor dos 210.000 euros. No caso das novas cooperativas está prevista unha axuda pública de 20.000 euros no momento da formalización da escritura.

 

0.082435131072998