Vilasantar organiza unha recollida de lixo na natureza o 9 de marzo

ACoruñaXa
O obxectivo da xuntanza non é outro que eliminar os refugallos ciscados pola contorna natural do municipio
Imaxe do lixo recollido na anterior quedada de limpeza do Concello de Vilasantar
Imaxe do lixo recollido na anterior quedada de limpeza do Concello de Vilasantar
29 feb 2024

O Concello de Vilasantar organiza o vindeiro sábado 9 de marzo una quedada de recollida de lixo na natureza da zona de Ponte do Sapo.

O obxectivo da xuntanza non é outro que eliminar os refugallos ciscados pola contorna natural do municipio.

Todas as persoas interesadas en participar na actividade de limpeza de basuraleza deberán anotarse antes do día 9 de marzo chamando ao teléfono 981 778 169.