Vilasantar celebra a festa en honra a Santa Minia o 21 e 22 de setembro

ACoruñaXa
Misa solemne, sesión vermú, xantar veciñal e verbena con música en directo marcarán os actos festivos
fiesta vilasantar
15 sep 2024

O municipio de Vilasantar iniciará as celebracións en honra a Santa Minia o sábado 21 de setembro, cunha misa ás 13.00 horas. Despois do acto relixioso, dará comezo a sesión vermú, a cargo de Nanny Romero. A xornada continuará cun xantar veciñal ao prezo de 18 euros, que ofrecerá un menú composto de langostinos, churrasco mixto, viño, refrescos, postre, café e chupito.

Xa pola tarde, a música correrá a cargo da Charanga Eltatto, e pola noite, a verbena estará amenizada pola disco móbil Deluxe e o grupo Beatriz, garantindo unha noite festiva para todos os asistentes.

O domingo 22 de setembro, as festividades continuarán coa misa solemne ás 13.00 horas. A celebración culminará coa sesión vermú e o fin de festa a cargo de Aixa Romay, que ofrecerá unha última oportunidade para disfrutar da festa e da compañía dos veciños.

0.17689085006714