Vilaboa acolle unha charla para familias baixo o título 'Como poñer límites en idades temperás'

ACoruñaXa
Organizada polo Concello en colaboración coas ANPAS e ANHIDA Coruña, foi impartido polo psicólogo Juan Ramos no Pazo de Villa Melania
Imaxe da charla celebrada en Villa Melania este mércores 24 de abril
25 Abr 2024

O Concello de Culleredo organizou, en colaboración coas ANPAS dos centros educativos do municipio e ANHIDA Coruña, un coloquio formativo para familias baixo o título ‘Como poñer límites en idades temperás’.

O evento tivo lugar a partir das 18.30 horas en Vila Melania, Vilaboa, e impartida por Juan Ramos, psicólogo de ANHIDA Coruña. O obxectivo principal é dotar de ferramentas ás nais e pais, que habitualmente teñen a difícil tarefa de educar, podendo supoñer en moitos casos un reto maiúsculo.

A idea é facer extensible a un maior número de sesións esta iniciativa, que xorde da man entre a Administración local e as comunidades educativas de Culleredo, abrindo así novos espazos divulgativos e de axuda, compartindo información dunha maneira didáctica, comprensiva e sen andrómenas.

Neste sentido, acudiron a concelleira de Educación, Cristina Pardo; o concelleiro de Comercio, Mario Iglesias; e a presidenta de Anhida, Pilar Castiñeira.

0.10654020309448