Unhas 30.000 persoas festexaron o Martes de Entroido no Campo da Leña e a rúa da Torre

ACoruñaXa
A xornada estivo marcada polas boas condicións meteorolóxica o que favoreceu a asistencia de máis persoas ás festas na contorna do barrio de Monte Alto
A rúa da Torre foi o centro de actividades do Martes do Entroido
14 Feb 2024

Este Martes de Entroido a cidade da Coruña concentrou os festexos na contorna do Campo da Leña e a rúa da Torre. Ao mediodía, a alcaldesa, Inés Rey, participou nos tradicionais actos de homenaxe a Cantero, Canzobre e Palau. E, entre medias, ás 13.30 horas, descubriuse na rúa San Xosé a placa da Choqueira do Ano, Jesusa Cabeza Susa'.

Foi o punto de partida dunha xornada marcada polas boas condicións meteorolóxicas, o que favoreceu a asistencia de máis de 30.000 persoas ás festas na contorna do barrio de Monte Alto, segundo as cifras facilitadas pola área municipal de Seguridade Cidadá.

'Raposa', 'O león e o seu domador', 'Mujer Dakota', 'Miss Churra', 'Velutina', 'La tienda de Monte Alto', 'Condesa Araña', 'Jardín Encantado' e 'Dama de prensa' foron os gañadores do tradicional concurso de choqueiros e choqueiras na rúa da Torre, na modalidade individual.

Na modalidade grupal gañaron 'Kutremberos', 'Misterios de África', 'Feira', 'Amish', 'Sorteo del Niño', 'Eduardo y el pavo de la rotonda'.

Concurso infantil e familiar de choqueiros e choqueiras

Ás 17.00 horas comezou o concurso infantil e familiar de choqueiras e choqueiros. Na categoría individual gañou o primeiro premio 'Nico - Pulpeira', seguido por 'Aerobic' e 'Marty McFly'. Na categoría familiar venceron 'E.T.', 'Emojis' e 'Emociones'.

Ao mesmo tempo, tamén se celebrou o concurso infantil de disfraces. Na categoría individual gañaron 'Chullachaqui', 'Obélix' e 'Flamenco'. Na grupal, 'Dragones', 'Familia Lego' e 'Primos Monstruos'.

No xurado que determinou ás e aos gañadores participaron representantes do Concello da Coruña, así como da asociación cultural Amigos da Xoldra e dos medios de comunicación da cidade.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21062302589417