Unha xornada formativa en A Coruña achegará ás PEMES o impacto da nova normativa sobre intelixencia artificial

ACoruñaXa
A Amtega impartirá o 3 de xuño na Coruña unha sesión sobre ciberseguridade, cumprimento normativo e lexislación en IA dirixida a directivos e responsables técnicos
mobil-ordenador-tecnoloxia
27 May 2026

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia impartirá o vindeiro 3 de xuño na Coruña a segunda sesión formativa do ciclo 'Preparando ás PEMEs galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e cumprimento normativo'. A convocatoria está pensada para achegar ao tecido empresarial galego as claves do novo escenario dixital e normativo, nun momento no que a protección da información e o uso responsable da intelixencia artificial gañan peso na actividade diaria das empresas.

A formación desenvolverase entre as 17.00 e as 19.00 horas na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña. A sesión xirará arredor da lexislación en materia de intelixencia artificial e estará especialmente dirixida a directivos, responsables técnicos e perfís profesionais de PEMEs que xa empregan ferramentas baseadas en IA ou que prevén incorporalas aos seus procesos.

O obxectivo da xornada é facilitar unha visión clara do novo marco regulatorio e do impacto que pode ter nas pequenas e medianas empresas. A organización busca que as compañías poidan identificar obrigas, riscos e boas prácticas vinculadas ao uso da IA, especialmente en ámbitos como a xestión de datos, a seguridade dixital, a toma de decisións automatizada ou a protección da información corporativa.

A iniciativa tamén pretende reforzar a preparación das PEMEs fronte aos novos desafíos en ciberseguridade. Nun contexto no que cada vez máis procesos empresariais dependen de sistemas dixitais, a adaptación normativa convértese nun factor clave para reducir vulnerabilidades, evitar sancións e mellorar a confianza de clientes, provedores e administracións.

0.11588096618652