Unha visita guiada ao sepulcro tardorromano de Paleo achegará a historia á veciñanza de Carral

ACoruñaXa
O arqueólogo Antón Malde liderará a actividade, que incluirá tamén unha parada no Castro das Travesas
carral supulcro
8 Nov 2024

O Concello de Carral invita a todos os interesados a participar nunha visita guiada ao sepulcro tardorromano de Paleo este sábado 9 de novembro, unha oportunidade única para descubrir o patrimonio histórico da comarca da man do recoñecido arqueólogo Antón Malde. A actividade comezará ás 11:00 horas, con punto de encontro na Casa da Cultura, desde onde partirá o grupo cara á igrexa de Paleo, situada a tan só 850 metros, unha breve camiñada de 15 minutos.

Durante o percorrido, os asistentes poderán coñecer en detalle as características e historia deste singular sepulcro, unha importante mostra da época tardorromana que se conserva en Paleo. A visita contará tamén con explicacións sobre a colección museográfica do Castro das Travesas, que estará dispoñible na Casa da Cultura para aqueles que desexen profundar no legado arqueolóxico da zona.

O Concello anima á participación de veciños e visitantes, ofrecendo unha xornada que combina historia, cultura e lecer nunha contorna privilexiada.

0.23696684837341