Unha excursión con degustación, bingo e baile levará a veciñanza de Betanzos a Cambados

A veciñanza de Betanzos terá a oportunidade de desfrutar dunha xornada de convivencia, gastronomía e festa en Cambados o vindeiro domingo 21 de xuño. A actividade está organizada pola Asociación de Pensionistas e Xubilados de Betanzos coa colaboración do Concello e inclúe desprazamento en autocar, visita á vila, degustación de produtos típicos, xantar, bingo e baile.
A saída realizarase en autocar desde os puntos que se indiquen ás persoas participantes. Unha vez en Cambados, o grupo poderá coñecer algúns dos seus espazos máis emblemáticos, como a súa praza e o centro histórico, ademais de participar nunha degustación de produtos da zona.
A proposta inclúe tamén un menú especial nun restaurante. Pola tarde, a programación continuará cunha xornada festiva na que haberá tres bingos e baile con música de CD antes do regreso a Betanzos.
O prezo da actividade é de 45 euros. As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos teléfonos 607 11 47 84 (Carlos) ou 609 82 17 12 (Cheché), así como no local social de Pintor Seijo Rubio.