Unha charla da Policía Local abordará a seguridade peonil con consellos para evitar atropelos

ACoruñaXa
A sesión celebrarase o mércores 25 de febreiro ás 18.00 horas no local social de Barcia e está aberta á veciñanza
PEATON CHALECO
14 Feb 2026

O Concello de Carral organiza unha charla informativa sobre seguridade peonil que impartirá a Policía Local o mércores 25 de febreiro, ás 18.00 horas, no local social de Barcia. A actividade pretende achegar recomendacións prácticas para camiñar con máis seguridade, especialmente en zonas con pouca visibilidade e en tramos de estrada frecuentados por peóns.

Desde o Concello animan a participar para coñecer pautas básicas como facerse ver, circular por zonas seguras e adoptar medidas de prevención en desprazamentos cotiáns. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Policía Local no 981 67 00 02.

⚙ Configurar cookies
0.083745956420898