Unanimidade contra a supresión do paso peonil na Estación de tren de Teixeiro

ACoruñaXa
A proposta foi consensuada polos dous grupos políticos da corporación
Imaxe do pleno do Concello de Curtis
19 Xuño 2024

O Pleno de Curtis aprobou este mércores por unanimidade a non supresión do paso peonil na Estación de tren de Teixeiro

A primeira hora de hoxe celebrouse na Casa do Concello en Teixeiro unha sesión plenaria urxente.

A proposta 'Paso a distinto nivel na vía férrea da Estación de ferrocarril de Teixeiro' foi consensuada polos dous grupos políticos da corporación (PP e BNG).

Na proposta contemplábanse os seguintes puntos:

  • Solicitar a ADIF a construción dun paso a distinto nivel que permita o cruce de forma segura, establecendo unha comunicación que manteña o pobo de Teixeiro unido e que non exista unha división física que separe o pobo en dous. Dita solución deberá ser consensuada co Concello de Curtis e cos veciños.
  • Mentres non se constrúa o paso a distinto nivel para peóns que se manteña aberto o paso peonil actual coa retirada do valado.
0.19832897186279