Un total de 130 rapaces de Curtis desfrutarán este verán dos seus campamentos de conciliación familiar
Os campamentos de verán de Curtis contan este ano con 130 rapaces e rapazas desfrutarán das súas actividades.
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Eva Lata acompañada polo Alcalde, Javier Caínzos, visitou este xoves os campamentos de conciliación de Curtis e Teixeiro deste ano 2024 que acadan un total de 130 usuarios repartidos en 4 quendas que abranguen os meses de xuño a agosto e cun total de 13 monitores e 2 voluntarios.
O programa permite que as nenas e nenos poidan divertirse e desenvolverse a diversos niveis (durante o período de vacacións, mentres as familias se benefician dun recurso que lles permite conciliar a súa vida persoal, laboral e familiar).
No día de onte os cativos poideron disfrutar do espectáculo de narración oral 'Rosa e Azul' da compañía Urdime, con motivo do Día Internacional LGTBIQ+ xa que se tratou dunha sesión de contos teatralizados que celebra a diversidade e que racha cos esteretipos de xénero.