Un servizo para detectar e tratar a tempo dificultades no desenvolvemento infantil

ACoruñaXa
Vilarmaior mantén en marcha a atención temperá para nenos e nenas de 0 a 6 anos, con logopedia, terapia ocupacional e psicoloxía, a través de COGAMI no Centro Social de Leiro, en Miño
VILARMARIOR atención temperá
27 Feb 2026

O Concello de Vilarmaior ten operativo o servizo de atención temperá dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, pensado para dar resposta a casos de trastornos do desenvolvemento ou situacións nas que exista risco de que aparezan.

A atención inclúe intervención en logopedia, terapia ocupacional e psicoloxía, co obxectivo de mellorar a evolución do menor e ofrecer tamén acompañamento ás familias. Entre as cuestións nas que pode actuar o servizo figuran dificultades de linguaxe e fala, baixa coordinación corporal, inmadurez no desenvolvemento, xestión emocional, problemas de sono, atención e memoria, control de esfínteres, selectividade alimentaria e traballo de autonomía e rutinas.

O servizo préstase a través de COGAMI no Centro Social de Leiro (número 39), en Miño, e atende persoas usuarias derivadas desde os Servizos Sociais. Para dúbidas ou consultas, figuran como contacto os teléfonos 679 069 901, 689 731 094 e 606 721 099.

0.13512015342712