Un peche de tempada con oito finais e cinco vitorias no Open Cidade do Lérez para o Kwon Betanzos

ACoruñaXa
A representación do club asinou unha actuación moi destacada no último torneo do Ranking Galego, con sete ouros, catro pratas e dous bronces contando tamén a Liga B
BETANZOS kwon medallas
9 Jun 2026

O Open Cidade do Lérez puxo o broche ao Ranking Galego desta tempada cun balance moi positivo para os deportistas do Kwon Betanzos, que volveron demostrar o seu nivel competitivo nunha cita marcada polos cambios de categoría, as subidas de idade e as adaptacións a novos pesos.

A expedición chegou a disputar oito finais, das que conseguiu gañar cinco sen contar as correspondentes á Liga B. O resultado confirma a boa liña de traballo dun grupo que afrontou a última proba do calendario autonómico con ambición e que respondeu con medallas e boas sensacións.

No cadro principal, Julia López, Adrián Bello, Mencía Villar, Sofía Rodríguez e Antón Quintero subiron ao máis alto do podio. Na Liga B tamén acadaron o ouro Antonio García e Saray Herrero, completando unha colleita de sete primeiros postos.

As pratas foron para Paula Purriños, Valentín Parga e Aintzane Vázquez, aos que se sumou Lía Carballido na Liga B. Pola súa banda, Arianna Deibe e Ángel García lograron o bronce.

Tras este resultado, o club entra na recta final da tempada con novos retos á vista. Os deportistas convocados coa Selección Galega competirán en Basauri e, posteriormente, chegará a participación no Europeo de Clubs. Será entón cando toque facer balance dun curso que, polo momento, deixa resultados e sensacións moi positivas.

0.11382079124451