Un informe destapa máis dun millón de euros en facturas impagadas por Betanzos

ACoruñaXa
O partido popular de Betanzos destaca “unha gran cantidade dos pagos pendentes son débedas que o concello mantén con empresas e profesionais autónomos do propio municipio”
Imaxe da casa do Concello en Betanzos
25 Apr 2024

Cecilia Vázquez acaba de facer unha valoración sobre o recoñecemento extraxudicial de cré-ditos próximo ao millón de euros, 901.436.93 euros, que o goberno local viuse en obrígaa-ción de levar a un pleno extraordinario o pasado 2 de abril. Trátase de facturas pendentes de pago por parte do Concello do primeiro semestre de 2024. Datos que recolle o Informe de Intervención do propio Concello de Betanzos.

A portavoz popular destaca en primeiro lugar que “unha gran cantidade dos pagos pendentes son débedas que o concello mantén con empresas e profesionais autónomos do propio municipio”. En segundo lugar “este barullo continúo na xestión municipal xera un prexuízo enorme ás empresas que prestan servizos ao concello de Betanzos, debido aos intereses de demora e outros gastos xerados polo caos manifesto do equipo de goberno”.

Un repaso pola situación económica do mencionado informe de intervención describe unha situación que podería evitarse, se o equipo de goberno actuase con responsabilidade e capacidade. Principios básicos para o funcionamento de calquera institución, empresa ou familia.

Non se paga a luz

Como mostra de leste quebranto destes principios e o desgoberno dos responsables municipais, son as facturas ás que se refire “ao recurso administrativo interposto pola Comercializadora reguladora Gas&Power SA, Naturgy Iberia SA, Gas natural comercializa-doura contra a resolución do Concello de Betanzos, pola que se desestima a reclamación de diversas facturas por 305.110,29 euros” segundo o informe de intervención. Ademais as consecuencias negativas pola interposición do recurso interposto, sería a esixencia por parte da subministradora do pagamento de intereses de demora en materia de contratación administrativa co consecuente prexuízo para as arcas municipais”.

É tamén de destacar que moitas das facturas comprendidas no recoñecemento extraxudicial de créditos vulnéranse os límites de cantidade e tempo da contratación menor. Neste caso, correspóndese a unha prestación de carácter periódico e repetitivo, subministración de enerxía eléctrica, que pola súa natureza supera o prazo dun ano e para as que procede a contratación menor se que se adxudicou mediante o procedemento contractual establecido na lei.

Unha práctica para a que a Intervención emite nota de desconformidade en canto á falta de licitación nos contratos excedidos. Entre outras irregularidades na contratación pública do concello, dáse en múltiples casos o “fraccionamento do obxecto do contrato, xa que se comproba que distintas facturas coinciden no tipo prestación e a empresa emisora da factura e a secuencia ordinal e temporal das datas da emisión da factura”. “As pres-taciones obxecto das facturas están a realizarse sen a cobertura de ningunha relación contractual”

“Dacordo con isto, intervención indica que “se informa desfavorablemente con carácter suspensivo o tratarse dunha serie de prestacións que polos seus importes ou duración, excedan do contrato menor ao ser traballos de prestación continuada e para a que non se tramitou procedemento de contratación, aínda no caso de ser tratados como contrato menor” A relación de irregularidades que recolle o informe de intervención é demasiado extensa para poder falar de feitos illados.

A xuízo de Cecilia Vázquez “ é o resultado da falta de rigor, dedicación e responsabilidade dos integrantes do goberno local” . A portavoz popular indica como exemplo que non pode ser que exista unha factura de obras de mellora dun local social municipal, a nome dunha asociación que ocupa unha parte dese local. “Existe a lei que permite facer as cousas ben, pero simplemente faise táboa rasa de ela” afirma Vázquez.

Por outra banda, o goberno local encarga a Parte Luz SLU, a empresa adxudicataria da recuperación do Estanque do Retiro, o “ Traslado de varandas e pilastras orixinais do Pazo de Armuño a Parque de Pasatempo”. Existindo elementos sen certificar, polo que non quedaría motivada a súa inclusión no ámbito contractual. Dáse a circunstancia de que a empre-sa encargada do servizo está en situación de concurso de acredores. Por tanto é preciso analizar os efectos da declaración do concurso respecto dos contratos dos adxudicatarios subscritos coas Administracións públicas.

Todo sae máis caro aos veciños

Á vista destas circunstancias recollidas no informe de intervención e dacordo con a lei e a responsabilidade persoal no exercicio do cargo público “o grupo municipal popular votou en contra do recoñecemento extraxudicial de créditos co obxecto de insistir ao goberno local na adecuada tramitación das facturas no ano correspondente”.

Para Cecilia Vázquez “o problema é que o concello chegou a esta situación pola irresponsable xestión do equipo de goberno e que este caso non é máis que a punta do iceberg”“ Temos un equipo de goberno que cando acomete o mínimo proxecto, ocasiona innumerables e custosos prexuízos para os veciños e a propia imaxe do municipio” afirmou Cecilia Vázquez. “Se como aseguran cada vez que teñen oportunidade, as contas do Concello están ao día, cal é o motivo polo que non pagan o que deben, ou é que xa non distinguen a verdade do que non o é”.

0.12661099433899