Un fallo técnico ten sen auga a varios núcleos de Arteixo dende onte

ACoruñaXa
O servizo restablecerase ao longo do día tras a intervención dos técnicos de Sumarte
rede-auga-grifo
21 Out 2024

Un fallo técnico no sistema de bombeo que abastece o depósito de Pastoriza deixou sen auga a varios núcleos de poboación en Arteixo desde onte, afectando principalmente ás localidades de Pastoriza e Suevos. O problema técnico provocou un baleirado rápido do depósito, que depende do bombeo para o seu enchido, causando cortes de subministro nas zonas afectadas.

Nas últimas horas, os técnicos da empresa pública Sumarte traballaron na reparación do sistema, que xa volveu a funcionar. Espérase que o servizo se restableza por completo ao longo do día de hoxe, aínda que o depósito tardará unhas horas en encherse, o que manterá cortes de auga en determinados puntos por un breve período.

O Concello de Arteixo lamenta as molestias ocasionadas polo corte de subministro e agradece a comprensión da veciñanza mentres se resolvía a avaría.

0.15725517272949