Triplete histórico para os Gladiadores de Culleredo no seu debut no béisbol

Os Gladiadores de Culleredo asinan un arranque soñado na súa primeira campaña de competición, rubricando un triplete que os coloca como nova referencia do béisbol galego: campións da Liga Nacional División de Honra Prata, primeiros no Grupo Noroeste e vencedores da Copa Xunta de Galicia sénior.
Nun curso de estre estrema esixencia, o equipo soubo combinar solvencia defensiva e efectividade no bateo para impoñerse nos momentos clave. A regularidade ao longo da fase do Grupo Noroeste serviulles de trampolín cara ao título nacional en DH Prata, culminado cun final de tempada no que demostraron carácter competitivo e profundidade de cadro. O broche chegou coa Copa Xunta, onde os Gladiadores mantiveron a inercia gañadora e certificaron un éxito sen precedentes para a entidade no seu ano de estrea
Desde o club salientan o traballo de base realizado nos adestramentos, a implicación do corpo técnico e o apoio constante da afección, elementos que, conxuntamente, fixeron posible unha progresión tan fulgurante. Co triplete xa no peto, o proxecto mira ao futuro con ambición e coa vontade de consolidar estes resultados, mantendo a aposta polo crecemento do béisbol en Culleredo e na contorna da Coruña.