Trinta e un locais da cidade participan nas 'IX Xornadas do Lacón con Grelos'

ACoruñaXa
Os establecementos participantes nas 'Lacónicas' ofrecerán do 8 de febreiro ao 3 de marzo menús especiais, con posibilidade de recollida e servizo a domicilio e ofertas para grupos
Coruña - Xornadas Cocido
5 Feb 2024

Este luns presentáronse no Concello da Coruña as IX Xornadas do Lacón con Grelos, coñecidas como 'Lacónicas', que se desenvolverán entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo en 31 establecementos hostaleiros da cidade.

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, estivo acompañado no acto pola concelleira de Turismo, Diana Cabanas. Tamén asistiron representantes de diferentes negocios participantes: La.Con.Fusión (Manuel Souto), Lois (José Álvarez), Central Park (Fernándo Estévez), O Carrusco (Víctor Loureiro), Hünico (David Núñez e Luciana Casavilca) e Rincón del Reino (David Mariño).

Durante a súa intervención o concelleiro Gonzalo Castro indicou: "Por tradición, somos unha cidade que vive estas datas de maneira moi intensa, xa sexa enchendo as rúas de disfraces ou nas casas e restaurantes, gozando dunha boa lacoada". O concelleiro destacou que desde o Goberno local trabállase da man do sector hostaleiro para ofrecerlles este tipo de iniciativas, que tamén serven para que a cidadanía goce de menús de lacón con grelos a prezos que van dos 20 aos 40 euros.

Este evento, organizado polo Concello, contribúe a dinamizar cada ano o Entroido na Coruña e exaltar ao mesmo tempo a riqueza gastronómica desta época. Todos os menús deberán estar elaborados principalmente con produtos galegos e de quilómetro cero. Os menús deberán estar compostos por un primeiro tradicional (sopa ou similar), a lacoada, sobremesa tradicional (filloas e/ou orellas ou postre típico do Entroido) e bebida (auga/refrescos/cervexa/adega de denominación de orixe galega).

Os establecementos que ofrezan servizo a domicilio ou recollida no local deberán ofrecer un servizo sostible con recipientes e materiais respectuosos co medio ambiente (recipientes biodegradables, bolsas de papel etc). Tamén hai establecementos que teñen ofertas especiais para grupos.

Nesta edición de Lacónicas participan:

  1. A Fuego Lento
  2. A Taberna de Cunqueiro
  3. Ajetreo Taberna
  4. Áncora
  5. Asador Coruña
  6. O Hotel Attica21 Coruña
  7. Bar Amsterdam Orzán
  8. Bar Ciudad
  9. Bodega Órdenes
  10. Central Park
  11. Cervexería Moncho
  12. Cosecha81
  13. Dos Raíces
  14. Galiur
  15. La Tribu
  16. La.Con.Fusion
  17. Lois
  18. Mahara Taberna Rock
  19. Marea Baja
  20. Mesón de Herves
  21. Mesón O'Bo
  22. Carrusco
  23. Portela
  24. Restaurante Eira
  25. Restaurante Esencia
  26. Restaurante Hünico
  27. Resturante Morriña
  28. Riscón del Reino
  29. Taberna O Freixo
  30. Tapa Negra
  31. Vermutería Chiquín

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17630815505981