Tres relatos aspiran mañá en Arteixo ao Certame Manuel Murguía

ACoruñaXa
A gala da 35ª edición celebrarase este venres, 8 de maio, ás 19.30 horas no auditorio do Centro Cívico Cultural
ARTEIXO 30 premio manuel murguía
Imaxe dunha edición anterior
7 May 2026

O Certame de Narracións Breves Manuel Murguía celebra mañá venres, 8 de maio, a gala da súa 35ª edición en Arteixo. A cita terá lugar ás 19.30 horas no auditorio do Centro Cívico Cultural, onde se darán a coñecer os premios deste ano.

Nesta edición, tres obras chegan como finalistas ao recoñecemento literario. Iván García Campos opta ao galardón con ‘A comedia intelectual’, Brais Lamela Gómez foi seleccionado por ‘Frederick’ e Lucía Aldao Sánchez concorre con ‘Ópera prima de evolución tórpida’.

O certame, consolidado como unha das citas culturais de referencia no municipio, volve poñer o foco na creación literaria e no impulso ás narracións breves.

A gala contará tamén cunha proposta escénica. A compañía de danza iXa actuará durante o acto coa peza ‘Ollos cara adentro’, que completará unha velada dedicada á literatura e ás artes escénicas.

0.11473298072815