Touriñán e Javier Veiga únense nun monólogo solidario no Teatro Colón

ACoruñaXa
A recadación destinarase a apoiar a labor de Ecos do Sur en favor das persoas migrantes
Xosé Antonio Touriñán
10 Jan 2025

O Teatro Colón de A Coruña acollerá o vindeiro xoves 16 de xaneiro un evento solidario protagonizado polos humoristas Xosé A. Touriñán e Javier Veiga. Este monólogo especial ten como obxectivo recaudar fondos para a asociación Ecos do Sur, unha ONG que leva desde 1991 traballando pola integración das persoas migrantes e a defensa dos Dereitos Humanos.

Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, destacou que “a cultura é un medio esencial para promover causas solidarias, e este evento, que reúne a dúas figuras tan queridas na nosa cidade, reflicte ese compromiso”.

O espectáculo dará comezo ás 20:00 horas, e as entradas estarán dispoñibles a partir deste sábado, 11 de xaneiro, ás 11:00 horas, a través de Ataquilla. O prezo das localidades será de 10 euros.

Para Xosé A. Touriñán, esta cita supón o regreso ao Teatro Colón poucas semanas despois de facer historia coas tres tempadas de ‘Somos criminais’, obra na que comparte escenario con Carlos Blanco. Pola súa parte, Javier Veiga é unha figura habitual na vida cultural coruñesa, participando activamente no Encontro Mundial de Humorismo.

0.15756320953369