Todo preparado para que a Feira da Cebola Chata celebre mañá a súa 25ª edición

ACoruñaXa
Miño acollerá este domingo unha xornada con música, obradoiros, xogos tradicionais, títeres e a protagonista de sempre, a cebola chata
MIÑO 25 aniversario festa cebola chata
1 Aug 2026

Miño vivirá este domingo 2 de agosto unha das citas máis destacadas do seu calendario festivo coa celebración da 25ª edición da Feira da Cebola Chata, un evento que cada verán rende homenaxe a un dos produtos agrícolas máis emblemáticos do municipio.

A organización ultima os preparativos para unha xornada que volverá combinar tradición, gastronomía e actividades para todos os públicos. Ao longo do día, os asistentes poderán desfrutar de postos de venda, propostas de lecer familiar e unha programación pensada para dinamizar o centro da vila.

A sesión vermú estará amenizada polo Dúo Xilo & Carlos, mentres que o peche da festa correrá a cargo de Zapato Veloz, que protagonizará o concerto de fin de xornada.

Entre ambas actuacións haberá obradoiros, xogos tradicionais, espectáculos de monicreques e outras actividades dirixidas tanto á cativada como ao público adulto.

A Feira da Cebola Chata chega este ano á súa 25ª edición, consolidada como un dos eventos máis representativos de Miño e unha cita que busca poñer en valor un produto agrícola ligado á historia e á identidade do municipio.

PROGRAMA

0.12054514884949