Teixeiro acollerá a XI Feira dos Oficios da Montaña este domingo
Este domingo, 18 de agosto, Teixeiro será o escenario da XI Feira dos Oficios da Montaña, organizada pola Asociación Orixes da Montaña. A feira, que reunirá artesáns e profesionais dos oficios tradicionais, terá lugar ao redor da Praza de España, onde se ubicará a totalidade dos postos.
O evento dará comezo ás 10.00 horas coa apertura da mostra de oficios. A partir das 11.00 horas, os máis pequenos poderán participar en obradoiros especiais. A programación continuará ás 13.00 horas coa actuación dos "Acordeonistas de Teixeiro" e un divertido baile vermú para toda a familia a cargo de Pakolas, que presentará "A Ramona pequena vai á lúa".
Xa pola tarde, ás 17.00 horas, os asistentes gozarán coa música e o espectáculo de "O pulpiñp Viascon". A partir das 18.00 horas, terá lugar a tradicional Festa da Malla, e a xornada rematará ás 19.00 horas coa actuación de Faragullas e a Agrupación Cultural Xeitura.
Este evento é unha excelente oportunidade para descubrir e desfrutar dos oficios tradicionais da montaña e da rica cultura local. Para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da feira, as rúas ao redor da Praza de España estarán pechadas ao tráfico durante o día.