Teixeiro acolle o xoves o espectáculo infantil 'Ondamini' con música para os máis pequenos

ACoruñaXa
O evento de estimulación musical terá lugar o 31 de outubro no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro
estimulación musical curtis
27 Oct 2024

O Concello de Curtis organiza un espectáculo infantil de estimulación musical, titulado 'Ondamini', que terá lugar o próximo xoves 31 de outubro ás 17:00 horas no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. Esta actividade está especialmente pensada para os máis pequenos da casa, con ritmos e cancións adaptadas á primeira infancia, co obxectivo de iniciar ás familias na vida cultural a través da música.

O evento está dirixido a todas as familias que queiran gozar desta experiencia musical. "Ondamini" pon un enfoque especial no desenvolvemento sensorial e cognitivo dos nenos nos seus primeiros anos de vida. Desde o Concello de Curtis animan a todas as familias a participar e compartir esta actividade cultural.

⚙ Configurar cookies
0.69401693344116