Solicitan que o núcleo de Oseiro e o barrio de Sol y Mar sexa Área de Rehabilitación Integral

ACoruñaXa
Apróbase no pleno de Arteixo que as 750 vivendas que forman o núcleo poidan obter esta calificación
ARI-Oseiro-arteixo
31 Jan 2025

Apróbase no pleno municipal de Arteixo a proposta do Goberno municipal para solicitar
ao Instituto Galego da Vivenda e Solo a calificación de Área de Rehabilitación Integral as 750 vivendas (entre edificios e unifamiliares) que forman o núcleo de Oseiro e o barrio de Sol y Mar.

Sinalan desde o Concello de Arteixo que está apoidada nun estudio que demostra que estes asentamentos cumprirían coas condicións deste tipo de áreas, o concello inicia así un proceso que xa fixo con éxito o ano pasado no barrio do Petón en Meicende, que xa foi declarado pola Xunta como ARI. A decaración de ARI permite os propietarios destas 750 vivendas acceder a subvencións da Xunta de Galicia. Unha vez aprobada a declaración de ARI, o concello comenzaría a tramitar este tipo de axudas.

Así, o goberno galego coa declaración de estas ARI dá cumprimento ao seu obxectivo de facilitar oportunidades aos cidadáns para mellorar a calidade das súas vivendas, a través da posta á disposición dos concellos fondos para a execución de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI e, grazas ao compromiso de todos, avánzase na recuperación e conservación do patrimonio edificatorio dos concellos de Galicia. Outras zonas que xa recibiron esta catalogación revitalizáronse coa posta en marcha dunha oficina técnica e subvencións para rehabilitar, que xeneraron inversións privadas trala súa rexeneración.

Afirman desde o Concello que a Xunta acordou o ano pasado declarara o ano pasado a primeira área de rehabilitación integral de Arteixo no ámbito Meicende-O Petón. Esta nova ARI ocupa unha superficie de 63.091 metros cuadrados, que inclue 154 edificios, sendo o número total de vivendas 343.

Tamén o goberno municipal de Carlos Calvelo aprobou en pleno unha moción na que se lle ofrece de forma gratuita á Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia un terreo situado en Pastoriza para que se constrúa alí unha residencia de maiores dentro do programa de construcción destes equipamentos que está acometendo a institución provincial.

 

0.15607309341431