Sofía Espiñeira Trío leva a súa música de autora ao Anfiteatro de Arteixo

O Anfiteatro do paseo fluvial de Arteixo acollerá este venres 3 de xullo, ás 20.30 horas, o concerto de Sofía Espiñeira Trío, unha proposta de música de autora incluída na IX edición de 'Elas Son Artistas', o Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes.
A actuación, dirixida a público adulto, terá unha duración aproximada de 70 minutos e será de entrada libre. O ciclo busca visibilizar e poñer en valor o talento feminino nos escenarios, reforzando a presenza das mulleres no ámbito musical e artístico.
Sofía Espiñeira chegará a Arteixo cun directo íntimo e poético, marcado por unha linguaxe honesta e por unha mestizaxe sonora que conecta con elementos da terra e do aire. Nesta ocasión, a artista estará acompañada por Ailén Kendelman nas percusións e coros e por Judit Almeida no contrabaixo.
As tres músicas ofrecerán un concerto coidado, con harmonías corais, matices íntimos e ritmos que percorren diferentes sonoridades do mundo, nunha cita pensada para os amantes da música en directo.