Santaia de Curtis celebra as festas na honra a Santa Eulalia o 7 de decembro
ACoruñaXa
A parroquia ofrecerá misa, música e diversión baixo carpa calefactada
1 Dec 2024
A parroquia de Santaia, en Curtis, vivirá o sábado 7 de decembro unha xornada festiva na honra a Santa Eulalia. Os actos darán comezo ás 13:00 horas coa Misa Solemne, á que seguirá unha procesión se as condicións meteorolóxicas o permiten.
A celebración continuará coa tradicional sesión vermú, amenizada polo trío Manhattan, que repetirá actuación na verbena nocturna a partir das 23:00 horas. Para completar a noite, o DJ Expósito traerá máis música e animación.
A organización contará cunha carpa calefactada para asegurar o confort dos asistentes, ademais de servizo de barra a cargo da comisión de festas. Unha cita imprescindible para veciños e visitantes que queiran gozar dunha combinación de tradición e entretemento.