Sada oferta 140 prazas paras as súas Escolas de Verán

ACoruñaXa
As diferentes actividades que integran esta oferta, levaranse a cabo nun centro de ensino ou equipamento municipal atendendo aos diferentes grupos de idade
16 2
14 Maio 2024

O Concello de Sada oferta oferta 140 prazas para as Escolas de Verán 2024 atendendo desta forma á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

As diferentes actividades que integran esta oferta, levaranse a cabo nun centro de ensino ou equipamento municipal atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 1 ao 31 de xullo (agás sábados, domingos e festivos).

O formulario de inscrición estará aberto na páxina web do Concello ata o domingo 26 de maio. Tamén se pode consultar máis información e as bases de participación a través del.

As persoas interesadas poderán solicitar información na OMIX en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas de luns a venres (a partires do 1 xuño só en horario de mañá), no telefono 981620331 ou no correo: omixsada@gmail.com

 

 

0.23092103004456