Sada leva ao pleno deste luns os orzamentos para o 2024
Este vindeiro luns 19 o goberno de Sada levará a pleno o orzamento do municipio para 2024. Unha vez aprobado, o Concello xestionará as contas máis elevadas da súa historia, algo máis de 15 millóns de euros, o que implica unha subida dun 30% respecto das últimas contas en vigor, as de 2022 actualmente prorrogadas.
Segundo o informe de Intervención mantense o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria. Para o rexedor “isto amosa que xestionamos un Concello economicamente saneado, o que garante entre outras cousas a ca- pacidade para investir nas principais necesidades da veciñanza”.
“En servizos públicos básicos estamos a falar dun aumento xeral das partidas nun 37%, na- mentres que en bens públicos a suba é do 47%. Isto vainos permitir aumentar, por exemplo, os investimentos en instalacións de saneamento e mellorar o pavimento de beirarrúas e vías do municipio; investir no mantemento dos centros escolares e da escola infantil; mellorar o estado de edificios públicos” explicou Portela. “Este orzamento tamén nos permitiría executar un programa de alugueiro de vivenda grazas a unha partida de 50.000 euros.
Outra das liñas de investimento que sae notablemente reforzada nestes orzamentos é a pro- tección social, cun aumento do 20%. “Dende que chegamos ó goberno en 2015 deixamos claro o noso compromiso coas políticas sociais. Neste 2024 traballamos para que o SAF au- mente o investimento nun 70%, namentres que a partida de Dependencia crece até os 1’2 millóns de euros” remarcou Portela, que destacou tamén a creación dunha partida de 40.000 para a creación en Sada do Centro de Información á Muller.
Segundo Portela, contar cun orzamento actualizado “é fundamental para Sada, non só pen- sando nos investimentos que se poderían facer ó longo de 2024, senón tamén para dotar ó Concello das ferramentas necesarias para manter unhas contas saneadas. Contar cun orza- mento actualizado garante que Sada poida facer fronte a todos os seus compromisos de pa- go en tempo e forma”.
“En definitiva, este é o orzamento que o noso Concello precisa, o que a nosa veciñanza nos demanda. Facemos un chamamento á responsabilidade dos grupos políticos da corporación para que apoien estas contas” concluíu o alcalde.