Sada homenaxea as súas praias no Calendario 2025

ACoruñaXa
O almanaque incorpora fotografías históricas e imaxes seleccionadas nunha iniciativa participativa
Calendario sada 2025
31 Dec 2024

O Concello de Sada decidiu dedicar o Calendario 2025 ás praias do municipio, destacando o seu patrimonio natural a través dunha combinación de imaxes de arquivo en branco e negro e fotografías actuais seleccionadas entre as enviadas pola cidadanía á iniciativa "Sada e as súas praias".

De entre as máis de 200 imaxes recibidas, seleccionáronse 13 para ilustrar o calendario (12 meses máis a portada). As persoas autoras das fotografías elixidas recibiron como agasallo un suadoiro edición especial de Cero de Costa, coa estampación dos nomes das praias sadenses.

As praias de Arnela, Cirro, Lourido ou Sada, entre outras, protagonizan este almanaque que xa está dispoñible de maneira gratuíta no propio Concello e na OMIX. O calendario, que permite redescubrir os areais desde o castelo de Corbeiroa até a praia de Cirro, estará dispoñible ata esgotar existencias.

0.14481496810913