Sada énchese de terror cunha programación de Samaín para todas as idades

ACoruñaXa
Pasarrúas, túneles do terror, contacontos e un concerto son algunhas das actividades que converterán a Sada nun epicentro do Samaín
Imaxe de cabazas
22 Out 2024

A vila de Sada prepárase para vivir un dos eventos máis esperados do outono: o Samaín 2024. Este ano, a festividade vén cargada de actividades que combinarán tradición, espectáculo e entretemento para todas as idades. Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, as rúas de Sada converteranse nun escenario de medo e diversión, cunha ampla oferta de eventos.

O xoves 31 de outubro, a festa dará comezo ás 17:00 horas co tradicional "Truco ou Trato", onde os máis pequenos poderán percorrer os comercios locais en busca de lambetadas. Ás 18:30 horas, o pasarrúas "As bruxas do Samaín", de Teatro Calavera, percorrerá as rúas da vila con música e espectáculo. A continuación, ás 20:00 horas, a Sociedade de Sada acollerá o "Túnel do terror", unha experiencia aterradora que contará ademais cunha sesión de DJ na Rúa da Praia, a cargo de Ayman Prosound. Para rematar a xornada, a Capela de San Roque será o escenario do concerto "Mortos na Vila III", a partir das 21:30 horas, con actuacións das bandas Overlook 237 e Replicantes.

O venres 1 de novembro, ás 12:00 horas, os máis pequenos poderán desfrutar dos "Contos do Samaín", unha sesión de narración oral a cargo de Marisa Irimia na Capela de San Roque. A actividade está dirixida a nenos a partir de 4 anos e a entrada será libre.

O "Truco ou Trato" tamén servirá para promover o comercio local, ofrecendo unha experiencia diferente ás familias que desexen participar. Os establecementos interesados en sumarse a esta iniciativa poden inscribirse ata o 29 de outubro.

sada
0.12871289253235