Sada e Sargadelos renovan o convenio que permitirá a apertura da piscina da Pía do Loureiro

ACoruñaXa
O Concello xa comezou os primeiros traballos de limpeza da contorna para preparar a infraestrutura para a súa apertura a comezos do verán
Imaxe dos operarios poñendo apunto a piscina de Sada para o verán
26 Abr 2024

O Concello de Sada e Sargadelos veñen de asinar un novo convenio para continuar colaborando, como en anos anteriores, na apertura da piscina do Castro, coñecida como Pia do Loureiro, e propiedade do grupo cerámico.

Deste xeito, un ano máis a veciñanza de Sada poderá contar con esta infraestrutura aberta grazas ás xestións realizadas polo executivo municipal, tal e como ven acontecendo dende 2016, coa excepción dos anos da pandemia.

O convenio que o Concello asinou con Sargadelos amosa o compromiso do Goberno local de levar a cabo aquelas obras de mellora que fosen necesarias para a súa apertura. Así mesmo, o Concello amosou o seu interese nun terreo lindeiro á piscina para adaptalo como aparcadoiro para os usuarios que se acheguen a desfrutar a infraestrutura acuática. Ademais destes investimentos e dos gastos de mantemento derivados do seu uso, o Concello de Sa- da asumiría os gastos derivados da contratación do servizo de socorrismo.

Ademais, esta mesma semana comezaron os primeiros traballos para adaptar a instalación ao seu uso público. En vindeiras semanas irán executándose aquelas obras que sexa preciso acometer para proceder á apertura da Pía en condicións de seguridade.

O goberno local amosa a súa satisfacción por ter logrado un ano máis esta apertura ó públi- co, que complementa a oferta de actividades do Concello de cara á tempada de verán.

0.1851110458374