Sada dedica o calendario de 2026 ás familias chegadas doutras terras e reivindica a vila como ‘un pobo acolledor’

ACoruñaXa
O Concello lembra que a poboación supera xa as 17.000 persoas e pon o almanaque á disposición da veciñanza no edificio de servizos administrativos
SADA calendario 2026
1 Jan 2026

O Concello de Sada quere comezar 2026 cunha mensaxe de agradecemento e benvida. Baixo o lema ‘Sada, un pobo acolledor’, o consistorio presenta un calendario que este ano rende homenaxe ás familias que escolleron a vila para vivir e que contribuíron ao seu crecemento poboacional nos últimos anos.

Segundo trasladou o Concello, Sada supera xa os 17.000 habitantes, unha cifra que, subliñan, non se entende sen a achega de persoas chegadas doutros lugares. Por iso, a proposta do calendario pretende recoñecer a diversidade e a riqueza que aportan esas novas veciñas e veciños, moitos deles procedentes de ‘moi lonxe’, e reforzar a idea de que a comunidade se constrúe entre todas e todos.

O calendario municipal está dispoñible para a cidadanía no edificio de servizos administrativos do Concello de Sada. ‘Porque Sada facémola entre tod@s’, resume a mensaxe institucional, cun desexo final de ‘Feliz 2026’ para toda a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.077011108398438