Sada celebra o 3 de maio a V Andaina Solidaria Nocturna

ACoruñaXa
A Andaina organízase como unha actividade inclusiva e accesible para calquera persoa, e por iso deseñáronse dous percorridos de 6.28 km e de 7.69 km
Imaxe do cartel da Andaina Solidaria de Sada
Imaxe do cartel da Andaina Solidaria de Sada
24 abr 2024

O vindeiro venres 3 de maio celebrarase en Sada a V edición de la Andaina Solidaria organizada por Cruz Roja e o Concello de Sada. Coa participación nesta Andaina, ademais de realizar unha actividade comunitaria, saudable e lúdica, estase a axudar a facer posible para que que Cruz Roja atenda a máis de 400 persoas en situación de vulnerabilidade na contorna do Concello de Sada.

Neste sentido, a Andaina organízase como unha actividade inclusiva e accesible para calquera persoa, e por iso deseñáronse dous percorridos de 6.28 km e de 7.69 km para que poidan elixir en cal participar. A data límite de inscrición é o venres 3 de maio ás 12.00 horas na páxina web oficial do evento. A tarde do venres 3 poderás inscribirte na asemblea de Cruz Vermella

A carreira pode completarse en solitario, acompañado, en familia ou co grupo de amigos ou compañeiros é unha fantástica oportunidade para gozar da nosa contorna de maneira lúdica, sociable e cun fin solidario.

O percorrido curto será denden será por os Pazos-Sadadarriba-Souto-Carnoedo-Fontán. 6,28 km. Mentres que o percorrido longo será por os Pazos-Sadadarriba-Souto-Taibo-Carnoedo-Fontán 7,69 km

Ademais, ao finalizar a Andaina realizarase un sorteo de máis de 30 fantásticos agasallos doados polos nosos colaboradores!. Garda o teu dorsal porque poderás gañar entre outras moitas achegas dos nosos colaboradores: cartóns regalo en diferentes establecementos; experiencias gastronómicas; noites de hotel; travesías en veleiro e unha aventura en autcaravana.

andaina sada