Sada amplía ata dúas horas o horario de peche da hostalería polo Nadal

O Concello de Sada autorizou unha ampliación do horario de peche dos establecementos de hostalería e lecer do municipio con motivo das Festas do Nadal. Segundo informa a Alcaldía, os locais poderán alongar a súa actividade ata un máximo de dúas horas nas datas comprendidas entre o 24 e o 28 de decembro de 2025, ambos inclusive.
A segunda quenda de ampliación chegará co remate do ano e o inicio de 2026: a autorización estenderase do 31 de decembro de 2025 ao 6 de xaneiro de 2026, tamén incluíndo todas as xornadas dese período. Deste xeito, o goberno local busca facilitar a celebración destas datas e axustar o funcionamento da hostalería ao incremento de actividade propio do Nadal.