Sada acolle o Open Dominó Zona Norte no restaurante As Rodas


O municipio de Sada será escenario este sábado 24 de xaneiro do Open Dominó Zona Norte, un torneo que se desenvolverá ao longo de todo o día no restaurante As Rodas, na parroquia de Espírito Santo. A cita prevé reunir xogadores e afeccionados a este xogo tradicional e contará con máis de 500 euros en premios para as persoas participantes.
O evento está impulsado polo Club de Dominó Sada e conta coa colaboración da Federación Galega de Dominó e do Concello de Sada, que apoian a organización desta xornada deportiva e de lecer. Desde a organización salientan que o Open se consolidou como unha referencia para a afección ao dominó na comarca e no norte de Galicia, atraendo participantes de distintos puntos do territorio.
As inscricións poden formalizarse a través dos teléfonos 617 224 820 e 618 328 555.