Ryan Adams dará o seu primeiro concerto na Coruña coa xira 'Heartbreaker’25 World Tour'

ryan adams coruñaO recoñecido músico Ryan Adams actuará por primeira vez en Galicia coa súa xira 'Heartbreaker’25 World Tour', na que conmemora os 25 anos do seu álbum debut, 'Heartbreaker'. A cita será o próximo 30 de marzo no Palacio da Ópera de A Coruña, nun dos tres concertos únicos que ofrecerá en España, xunto a Madrid e Barcelona.
As entradas estarán dispoñibles a partir do 15 de novembro ás 10:00h en ataquilla.com. Adams, sete veces nominado aos premios Grammy, é considerado un dos compositores máis influentes do rock nas últimas décadas, cunha carreira que suma máis de trinta discos e que o consolidou como figura clave do folk e do country alternativo. O álbum Heartbreaker (2000), que centra esta xira, segue a ser un referente do xénero.
Ademais de 'Heartbreaker', Adams alcanzou gran popularidade co álbum 'Gold' (2001) e lanzou múltiples discos en estilos que van desde o punk ata o rock, incluíndo versións de álbums icónicos como '1989' de Taylor Swift ou 'Blood On The Tracks' de Bob Dylan. O seu estilo e talento atraeron a admiración de artistas como Elton John, Norah Jones ou Stephen King, quen comentou unha vez: “Non direi que Ryan Adams é o mellor compositor norteamericano desde Neil Young, pero tampouco direi que non o é”.